Vertixe (filme)

filme de 1958 dirixido por Alfred Hitchcock

Vertixe (en inglés: Vertigo) é un filme estadounidense dirixido e producido por Alfred Hitchcock que se estreou en 1958. Baséase na novela de 1954 D'entre les morts, escrita por Boileau-Narcejac. O guión é obra de Alec Coppel e Samuel A. Taylor. Está protagonizado por James Stewart como o detective John "Scottie" Ferguson, que foi retirado forzosamente debido á súa vertixe clínica. Scottie é contratado como invesatigador privado para seguir a unha muller, Madeleine Elster (Kim Novak) que se comporta dun xeito peculiar.

Vertixe
Póster do filme.
Ficha técnica
Título orixinalVertigo
DirectorAlfred Hitchcock
ProdutorAlfred Hitchcock
GuiónAlec Coppel
Samuel A. Taylor
Baseado enD'entre les morts de Boileau-Narcejac
IntérpretesJames Stewart
Kim Novak
Barbara Bel Geddes
Tom Helmore
Henry Jones
MúsicaBernard Herrmann
FotografíaRobert Burks
MontaxeGeorge Tomasini
EstudioParamount Pictures
(Orixinal)
Universal Pictures
(Actual)
Estrea9 de maio de 1958
Duración128 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroSuspense
Orzamento$2 479 000
Recadación$14 000 000[1]
Na rede
http://www.universalstudiosentertainment.com/vertigo/
IMDB: tt0052357 Filmaffinity: 647094 Allocine: 980 Rottentomatoes: m/vertigo Mojo: vertigo Allmovie: v52324 TCM: 94742 Metacritic: movie/vertigo TV.com: movies/vertigo Netlix: 1089727Editar o valor em Wikidata

O filme foi rodado en San Francisco, California, e nos Paramount Studios de Hollywood. Popularizou o travelling compensado, un efecto da cámara que distorsiona a perspectiva para crear desorientación, para simular a acrofobia de Scottie. Como resultado do seu uso no filme, o efecto é referido a miúdo como "o efectoVertigo".

Vertixe recibiu críticas dispares na súa estrea, pero hoxe é considerado unha das obras clásicas da filmografía de Hitchcock e un dos traballos definitorios da súa carreira. No ano 2012, substituíu a Cidadán Kane (1941) como o mellor filme xamais feito na clasificación do Instituto Británico de Cine.[2] En 1996, o filme pasou por unha gran restauración para crear unha versión de 70mm e sistema de son DTS. Apareceu en numerosas ocasións entre os mellores filmes segundo o American Film Institute.[3]

Sinopse editar

Scottie Fergusson (James Stewart) é un detective da policía de San Francisco que padece de vertixe. Cando un compañeiro cae ó baleiro dende unha cornixa mentres perseguen a un delincuente, Scottie decide retirarse. Gavin Elster (Tom Helmore), un vello amigo do colexio, contrátao para que vixíe á súa esposa Madeleine (Kim Novak), unha fermosa muller que está obsesionada co seu pasado.

Personaxes editar

Galardóns e nomeamentos editar

Notas editar

  1. Canning 2010, p. 400
  2. BBC News, ed. (2 de agosto de 2012). "Vertigo is named 'greatest film of all time'". Consultado o 18 de agosto de 2012. 
  3. American Film Institute (ed.). "AFI's 10 Top 10". Consultado o 21 de febreiro de 2012. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar