Vera Rubin

astrónoma estadounidense

Vera Cooper Rubin, nada en Filadelfia (Pensilvania) o 23 de xullo de 1928 e finada en Princeton (Nova Jersey) o 25 de decembro de 2016[2], foi unha astrónoma estadounidense, pioneira na medición da rotación das estrelas dentro dunha galaxia.[3] As súas medicións puxeron de manifesto que as curvas de rotación galáctica mantéñense planas, contradicindo o modelo teórico, sendo a evidencia máis directa e firme da materia escura.[4][5]

Vera Rubin
150
Vera Rubin en 2009
Datos persoais
Nome completoVera Florence Cooper
Nacemento23 de xullo de 1928
LugarFiladelfia, Estados Unidos
Falecemento25 de decembro de 2016 (88 anos)
LugarPrinceton, Estados Unidos
ResidenciaEstados Unidos
NacionalidadeEstadounidense
CónxuxeRobert Rubin[1]
FillosDavid Rubin (1950)
Judith Young (1952)
Karl Rubin (1956)
Allan Rubin (1960)
Actividade
CampoAstronomía
Alma máterVassar College, Universidade Cornell, Universidade de Georgetown
InstituciónsInstituto Carnegie de Washington
SociedadesAcademia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos
Academia Pontificia das Ciencias
TeseCurvas de rotación galáctica
Director de teseGeorge Gamow
Alumnos de doutoramentoSandra Faber
Contribucións e premios
Coñecida porRelatividade xeral, relatividade especial, efecto fotoeléctrico, equivalencia masa-enerxía, movemento browniano, ecuacións do campo de Einstein, estatística de Bose-Einstein, condensado de Bose-Einstein, teoría do campo unificado, paradoxo EPR
PremiosMedalla Bruce
Premio Dickson en Ciencia
Medalla de oro de la Real Sociedad Astronómica
Medalla Nacional de Ciencia
editar datos en Wikidata ]

No seu obituario, Dennis Overbye (do The New York Times), dixo dela que "transformou a física moderna e a astronomía coas súas observacións amosando que as galaxias e estrelas están inmersas no control gravitacional de vastas nubes de materia escura. O seu traballo axudou a introducir un cambio de escala copernicano na conciencia cósmica, é dicir, a percepción do que os astrónomos sempre viran e pensaran que era o universo, é só a parte visible dun masivo iceberg de misterio."[6]

Primeiros anos editar

Mudouse a Washington D. C. cando tiña uns 10 anos. Foi daquela cando comezou a a amosar interese pola astronomía.[7] Os seus pais eran inmigrantes xudeus. O seu pai, Philip Cooper, foi un enxeñeiro eléctrico nado en Vilnius, Lituania, co nome de Pesach Kobchefski. A súa nai, Rose Applebaum, orixinaria de Besarabia, traballou para a Bell Telephone Company calculando a lonxitude das liñas telefónicas. Rubin tivo unha irmá máis vella, Ruth Cooper Burg, que foi xuíz administrativo no Departamento de Defensa dos Estados Unidos.[8]

Educación editar

Rubin decidiu seguir a súa educación pre grao no Vassar College "porque Maria Mitchell —a primiera astrónoma reciñecida dos EEUU— traballara alí";[9] logrou o seu título de grao (BA degree) no 1948,[9] en astronomía, a única en dito campo nesa clase.[10] Tentou enrolarse nun programa para graduados en Princeton pero nunca recibiu o seu catálogo de graduación, non sendo permitidas mulleres no programa de graduados en astronomía ata 1975.[10]

Diferente foi o resultado do seu intento no mestrado de Cornell, onde estudou física con Philip Morrison, e Mecánica cuántica con Richard Feynman e Hans Bethe. Completou a tese no 1951, de xeito controvertido, examinando "a posibilidade dunha rotación conxunta no universo na procura dun fluxo 'non de Hubble'"[11] período no que fixo unha das primeiras observacións de desviacións do fluxo de Hubble no movemento das galaxias.

Na súa tese doutoral (en Georgetown), Rubin argumentou que as galaxias poderían estar rotando arredor de centros descoñecidos, máis que sinxelamente separándose, como era suxerido pola teoría do Big Bang naquel tempo. Robert Irion, en Science, describiu así o traballo:

O primeiro traballo [do marido de Rubin, Robert] foi no Laboratorio de Física Aplicada da Universidade Johns Hopkins… onde traballou co físico Ralph Alpher. [Alpher] introduciu ós Rubin co seu colega, o astrofísico George Gamow da Universidade George Washington. Gamow deviu o conselleiro de Vera Rubin aínda que ela era docente en Georgetown, na que tiña a área do programa de Ph.D. en astronomía.[9]

O estudo, realizado baixo a dirección de Gamow[12] e completado no 1954, concluíu que máis que estar distribuídas de xeito aleatorio polo universo, as galaxias aglutínanse, unha idea entrevista por outros durante dúas décadas.[13]. A publicación do estudo foi rexeitada polo Astronomical Journal e polo The Astrophysical Journal[7]. Máis tarde admitiu que tiña poucos datos, pero a súa tese foi importante para a evidencia de Gerard de Vaucouleur dun "supercluster local"[14]. Isto forzouna a continuar o seu traballo analizando como as estrelas se moven por fóra das galaxias, campo no que continuou ata a súa morte en 2016[15].

Traballo editar

Trala súa graduación, foi profesora en Montgomery County Community College e tamén traballou na Universidade de Georgetown como asistente de investigación. No ano 1962 foi profesora asistente. En 1963 traballou con Geoffrey e Margaret Burbidge na Universidade de California.[16] No 1964, foi a primeira muller en usar os instrumentos do Observatorio de Palomar Alto.[17] No 1965 tamén mantivo un posto no Departamento de Magnetismo Terrestre en Carnegie. Foi Senior Fellow no Departamento de Magnetismo Terrestre e a súa área de traballo foi descrita como "Galáctica e dinámica extragaláctica: estrutura a grande escala e dinámica do universo".

Recoñecementos académicos e membresías editar

Membro da Academia Nacional de Ciencias dos EEUU,[18] da Academia Pontificia de Ciencias,[19] e da Sociedade Filosófica Americana.[20]

Leva o seu nome un observatorio astronómico en Chile.[21]

Notas editar

  1. "Vera Rubin". Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2016. Consultado o 28 de decembro de 2016. 
  2. "Pioneering astronomer Vera Rubin dies at 88". AJC.com. Arquivado dende o orixinal o 26/12/2016. Consultado o 26/12/2016. 
  3. "MATERIA OSCURA, ASTRÓNOMA BRILLANTE: VERA RUBIN". caosyciencia.com (en español). Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 31 de outubro de 2016. 
  4. Pérez Martín, Isabel (17 de decembro de 2009). "Materia oscura, astrónoma brillante: Vera Rubin". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 1 de xaneiro 2013. 
  5. "Vera Rubin y el lado oscuro del universo". La Aventura de la Ciencia. 19 de maio de 2015. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 22 de maio 2015. 
  6. Overby, Dennis (27 de decembro de 2016). "Vera Rubin, 88, Dies; Opened Doors in Astronomy, and for Women". The New York Times. 
  7. 7,0 7,1 "Vera Cooper Rubin | Jewish Women's Archive". jwa.org. Consultado o 7 de abril 2016. 
  8. Bartusiak, Marcia (xuño de 1993). Harper Collins, ed. Through a Universe Darkly: A Cosmic Tale of Ancient Ethers, Dark Matter, and the Fate of the Universe. pp. 88–94. ISBN 0060183101. 
  9. 9,0 9,1 9,2 Irion, Robert (2002). "The Bright Face behind the Dark Sides of Galaxies". Science (Washington, DC: AAAS) 295 (5557, February 8): 960–961. doi:10.1126/science.295.5557.960. Consultado o December 29, 2016. 
  10. 10,0 10,1 Overbye, Dennis (27 December 2016). "Vera Rubin, 88, Dies; Opened Doors in Astronomy,and for Women". The New York Times. 
  11. Larsen, Kristine (1 de marzo de 2009). "Vera Cooper Rubin". Jewish Women: A Comprehensive Historical Encyclopedia. Brookline, MA: Jewish Women's Archive. Consultado o December 30, 2016. 
  12. Popova, Maria (April 18, 2016). "Pioneering Astronomer Vera Rubin on Women in Science, Dark Matter, and Our Never-Ending Quest to Know the Universe" (journalist blog). Brain Pickings (self-published). Consultado o December 26, 2016. 
  13. Johnson, Ben & Tsai, Meigy (April 24, 2013). Contributions of 20th Century Women to Physics (CWP). CWP and Regents of the University of California. Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2013. Consultado o 01 de xaneiro de 2017. 
  14. Bartusiak, Marcia (xuño 1993). Through a Universe Darkly: A Cosmic Tale of Ancient Ethers, Dark Matter, and the Fate of the Universe. HarperCollins. pp. 88-94. ISBN 0-06-018310-1. 
  15. Irion, Robert (2002). "The Bright Face behind the Dark Sides of Galaxies". ProQuest Science Journals. 
  16. "Vera, la espía de las estrellas". Mujeres con ciencia (en castelán). 2014-10-29. Consultado o 2020-07-23. 
  17. "Vera Rubin". www-revista.iaa.es. Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2016. Consultado o 2020-07-23. 
  18. NAS Staff (2016). "Vera Rubin". National Academy of Sciences (NAS). Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2016. Consultado o December 26, 2016. 
  19. "Women's History Month – Vera Rubin". Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2016. Consultado o December 26, 2016. 
  20. "APS Members' Directory Search". Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2017. Consultado o December 26, 2016. 
  21. Howlett, Joe (2024-01-18). "A day in the life of a mountaintop telescope builder - symmetry magazine". www.symmetrymagazine.org (en inglés). Consultado o 2024-02-02. 

 
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.


 
 Este artigo sobre ciencias é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Bolívar, Jorge (2018). Científicas. La apasionante historia de las mujeres detrás de los grandes descubrimientos de la ciencia. Editorial Guadalmazán. ISBN: 978-84-94608-56-8
  • Irene Cívico e Sergio Parra (2018). Las chicas son de ciencias. 25 científicas que cambiaron el mundo Penguim Random House. ISBN 978-84-9043-882-4.
  • Ignotofsky, Rachel (2017). Mujeres de ciencia : 50 intrépidas pioneras que cambiaron el mundo (1ªed.). Madrid. ISBN 978-84-16830-80-0

Outros artigos editar