Venus de Willendorf

estatuíña paleolítica que representa unha figura feminina

Venus de Willendorf é o nome co que se coñece unha estatuíña de 11,1 cm de altura, que representa unha Venus paleolítica, unha figura feminina, conservada actualmente no Museo de Historia Natural (Naturhistorichen Museum) de Viena.

”Venus de Willendorf"
Data-28,000 e –25,000
TécnicaCalcaria olítica
Dimensións11,1 cm cm × 5,7 cm cm
LocalizaciónMuseo de Historia Natural (Viena)

Historia editar

 
Venus de Willendorf

Foi descuberta en 1908 polo arqueólogo Josef Szombathy nun asentamento paleolítico sito preto de Willendorf, unha aldea da Baixa Austria (Wachau), non moi distante da cidade de Krems.

Está tallada nun oolito de calcaria, pedra descoñecido nos arredores do sitio. Mostra restos de tintado en vermello.

Cara 1990, logo dunha revisión da estratigrafía do lugar, estimouse a antigüidade da obra entre 24.000 e 22.000 anos a.C. Coñécese pouco sobre a orixe, método de creación e significado cultural desta estatuíña.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar


 
 Este artigo sobre arte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.