Venres negro (comercio)

Venres negro ou Sexta feira negra (inglés: Black Friday) é un termo creado para a venda polo miúdo nos Estados Unidos para nomear a venda anual que acontece no día seguinte ao Día de Acción de Grazas, o cuarto xoves de novembro. A idea está sendo adoitada por outros países como España, o Canadá, Australia, o Reino Unido, Portugal, Paraguai e o Brasil.

Venres negro nun grande almacén dos Estados Unidos.
Publicidade do Black Friday nun escaparate en Ordes.

Desde a década de 2000, é considerado como o comezo da tempada de Nadal de compras nos EUA, a maioría das principais tendas abren moi cedo (e máis recentemente durante horas da noite) e ofrecen vendas promocionais. O Venres negro non é un día de festa oficial, pero California e algúns outros estados conceden "O día logo de Acción de Grazas", como un día de festa para os empregados do goberno estatal, ás veces en lugar doutro día de festa federal, como o Columbus Day.[1] Moitas escolas e empresas que non sexan comercios fan festa tanto o día Acción de Grazas como o venres seguinte, que, xunto co seguinte fin de semana regular, fai que sexa unha fin de semana de catro días, o que aumenta o número de posibilidades para os compradores. Habitualmente é o día de máis compras desde o ano.

En 2014, o volume de gasto no Venres negro caeu por primeira vez desde a recesión de 2008. Un factor na importancia cada vez menor de Venres negro, é que moitos comercios polo miúdo estenden agora as súas promocións durante todo o mes de novembro e decembro en lugar de concentralas nun só día de compras ou na fin de semana.[2]

Orixes do termo editar

O nome deste día orixinouse en Filadelfia, onde orixinalmente utilizouse para describir a conxestión peonil e de tráfico de vehículos que se producía no día seguinte de Acción de Grazas.[3][4] O uso do termo comezou antes de 1961 e comezou a usarse fóra de Filadelfia ao redor de 1975.

Outra explicación alternativa é que os comercios polo miúdo tradicionalmente estaban en perda financeira ("números en vermello"), de xaneiro a novembro, e o "Venres negro", indica o punto en que os comercios comezaban a obter algún beneficio, ou "números en negro".[3][5] En contra do que moitos crían, o Venres negro non se orixinou pola venda de escravos no día logo de Acción de Grazas.[6]

Inicio do Venres negro editar

Durante moitos anos, era común que os comercios abriran ás 6:00 a.m., pero a finais dos anos 2000 moitos adiantárono as 05:00 a.m ou ata as 04:00 a.m. Isto levouse a un novo extremo en 2011, cando varios comercios (incluíndo Target, Kohl's, Macy's, Best Buy, e Bealls[7]) abriron as súas portas por primeira vez á media noite.[8] En 2012, Walmart e varios comercios máis anunciaron que ían abrir a maioría das súas tendas ás 8:00 pm do día de Acción, o que provocou as convocatorias dun paro entre algúns traballadores.[9] En 2014 tendas como JCPenney, Best Buy, e Radio Shack abriron ás 5 pm no Día de Acción de Grazas, mentres que tendas como Target, Walmart, Belk e Sears abriron ás 6 pm no día de Acción de Grazas.[10][11][12] Tres estados, Rhode Island, Maine e Massachusetts, prohiben a apertura dos grandes supermercados, grandes tendas e grandes almacéns o día de Acción de Grazas, debido as blue laws.[13][14]

Notificáronse casos de violencia ocorridos entre os compradores no Venres negro. Desde 2006, houbo 7 mortos e 98 feridos en todo Estados Unidos.[15] É común que algúns dos posibles compradores acampe durante as vacacións de Acción de Grazas nun esforzo por asegurarse un lugar en primeira liña e polo tanto unha mellor oportunidade de conseguir os artigos desexados.

Historia editar

O día de Acción de Grazas, como o inicio oficial da tempada de compras de Nadal, pode estar vinculado xunto coa idea dos desfiles de Santa Claus. Os desfiles que se celebran o día Acción de Grazas a miúdo inclúen unha aparición de Santa no final do desfile, coa idea de que 'Santa chegou' ou 'Santa está a volta da esquina" porque o Nadal é sempre a seguinte festa importante logo de Acción de Grazas.

A finais do século XIX e principios do XX, moitos desfiles de Santa ou de Día de Acción de Grazas eran patrocinados polos grandes almacéns. Os grandes almacéns usaban os desfiles para lograr un grande impulso publicitario. Co tempo converteuse nunha regra non escrita pola que ningunha tenda intentaría facer publicidade de Nadal antes de que rematara o desfile. Polo tanto, o día de Acción de Grazas converteuse no día en que comeza oficialmente a tempada de compras.

Posteriormente, o feito de que isto marcara o inicio oficial da tempada de compras levou á controversia. En 1939, as tendas polo miúdo querían ter unha tempada de compras máis ampla, pero ningunha tenda quixo romper coa tradición e ser a que empezara a anunciarse antes de Acción de Grazas. O presidente Franklin D. Roosevelt trasladou a data de Acción de Grazas a unha semana antes, provocando a ira do público que tiña que cambiar os seus plans de vacacións.[16] Algúns ata negáronse ao cambio, dando lugar a que os cidadáns estadounidenses celebraran Acción de Grazas en dous días diferentes. Algúns empezaron referíndose ao cambio como Franksgiving.

Notas editar

  1. "Pima County in Arizona Replaces Columbus Day with Black Friday". BestBlackFriday.com. 7 de agosto de 2013. Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2014. Consultado o 25 de novembro de 2015. 
  2. "What Really Happened on Black Friday (By The Numbers)". PYMNTS.com. Consultado o 21 de novembro de 2015. 
  3. 3,0 3,1 Ben Zimmer (25 de novembro de 2011). "The Origins of "Black Friday". Word Routes. 
  4. Apfelbaum, Martin L. (Xaneiro de 1966). "Philadelphia's 'Black Friday'". American Philatelist 69 (4): 239. 
  5. Drum, Kevin (26 de novembro de 2010). "Black Friday". 
  6. "Black Friday". Snopes. Consultado o 21 de novembro de 2015. 
  7. Albright, Mark. "Holiday Shopping Strategy Guide for Black Friday". Tampa Bay Times. Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2012. Consultado o 23 de xaneiro de 2012. 
  8. Sneed, Tierney (23 de novembro de 2011). "Does 'Black Friday' Start Too Early This Year?". U.S. News & World Report. 
  9. Fox, Emily. "Wal-Mart Workers Plan Black Friday Walkout". CNN Money (CNN). Consultado o 15 de novembro de 2012. 
  10. http://siliconangle.com/blog/2014/11/26/which-stores-open-early-on-thanksgiving-day-beat-black-friday/
  11. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2014. Consultado o 25 de novembro de 2015. 
  12. http://fortune.com/2014/11/03/jc-penney-opening-thanksgiving/
  13. "Thanksgiving Shopping Is Banned Here". The Huffington Post. Consultado o 21 de novembro de 2015. 
  14. Grinberg, Emmanuella. "Retail Employees Fight 'Black Friday Creep'". CNN. Consultado o 15 de novembro de 2012. 
  15. "Black Friday Death Count". blackfridaydeathcount.com. Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2015. Consultado o 21 de novembro de 2015. 
  16. "Congress Establishes Thanksgiving". Consultado o 15 de novembro de 2009. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar