O Venres de Dores, Venres de Dor[1] ou Venres de Concilio[2] é o venres anterior ao Domingo de Ramos, comprendido dentro da última semana da Coresma, coñecida pola Igrexa como Semana de Paixón. Nalgunhas rexións é considerado como o inicio da Semana Santa ou Semana Maior, ao iniciarse neste os desfiles procesionais.

Virxe da Caridade, Patroa de Cartagena. Celebra a súa festa o Venres de Dores.

Os católicos manifestan o seu fervor relixioso na celebración das Dores da nosa Señora, incluíndo por exemplo na liturxia da Misa a secuencia do Stabat Mater. Nalgúns lugares denomínase Venres de Concilio, o cal é tomado como día de xaxún e abstinencia, quedando proscrito o consumo de carnes.

Historia editar

Esta antiga celebración mariana tivo moito arraigamento en toda Europa e América, e aínda hoxe moitas das devocións da Santísima Virxe do tempo de Semana Santa teñen o seu día festivo ou principal durante o Venres de Dores, que conmemora os sufrimentos da nai de Cristo durante a Semana Santa.

O Concilio Vaticano II considerou, dentro das diversas modificacións ao calendario litúrxico, suprimir as festas consideradas duplicadas, isto é, que se celebren dúas veces nun mesmo ano; por iso a festa das Dores da nosa Señora celebrada o venres antes do Domingo de Ramos foi suprimida, sendo substituída pola moderna festa da nosa Señora das Dores o 15 de setembro. Aínda así, na terceira edición do Misal Romano (2000), hai un recordo especial ás Dores da Santísima Virxe na celebración feiral dese día, introducida polo papa Xoán Paulo II.

A Santa Sé e as normas do calendario litúrxico contemplan que, nos lugares onde se ache fervorosamente fecunda a devoción ás Dores de María e nos seus calendarios propios sexa tida como festa ou solemnidade, este día pode celebrarse sen ningún inconveniente con todas as prerrogativas que lle son propias.

Notas editar

Véxase tamén editar