Venres 13, segunda parte

filme de 1981 dirixido por Steve Miner

Venres 13, segunda parte (en inglés: Friday the 13th Part 2) é un filme estadounidense de 1981 producido e dirixido por Steve Miner. É a sucuela do filme de 1980 Friday the 13th, e o segundo título da franquía cinematográfica. Adrienne King, Betsy Palmer e Walt Gorney retoman os seus papeis do filme orixinal. Amy Steel e John Furey son os protagonistas. A historia ten lugar cinco anos despois dos eventos do primeiro filme, cun acosador descoñecido matando un grupo de conselleiros de campamento preto de Crystal Lake. O filme marca o debut do personaxe de Jason Voorhees como o principal antagonista da serie.

Venres 13, segunda parte
Logo do filme
Ficha técnica
Título orixinalFriday the 13th Part 2
DirectorSteve Miner
ProdutorSteve Miner
Guión
  • Ron Kurz
Baseado enPersonaxes de Victor Miller[1]
Intérpretes
MúsicaHarry Manfredini
FotografíaPeter Stein
MontaxeSusan E. Cunningham
EstudioGeorgetown Productions
DistribuidoraParamount Pictures
Estrea 1 de maio de 1981
Galicia 29 de abril de 1991 (TVG)
Duración87 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroTerror
Orzamento1,25 millóns de dólares[2]
Recadación21,7 millóns de dólares[3]
Na rede
http://fridaythe13thfilms.com/films/friday2.html
IMDB: tt0082418 Filmaffinity: 194402 Allocine: 41552 Rottentomatoes: m/friday_the_13th_part_2 Mojo: friday13th2 Allmovie: v18659 TCM: 75685 Metacritic: movie/friday-the-13th-part-2 TV.com: movies/friday-the-13th-part-2 Netlix: 525119Editar o valor em Wikidata

Orixinalmente, Venres 13, segunda parte ía ser un filme antolóxico baseado na superstición do "venres 13". Porén, logo da popularidade do final sorpresa do filme orixinal, os cineastas optaron por continuar a historia e a mitoloxía que rodeaban Camp Crystal Lake, unha tendencia que se repetiría en todas os filmes da franquía.

Estreouse en galego o 29 de abril de 1991 a través da TVG.[4]

Personaxes editar

Notas editar

  1. "Friday the 13th Part 2". American Film Institute. Consultado o 6 de xuño de 2020. 
  2. Bracke 2006, pp. 314–15.
  3. "Friday the 13th Part 2 (1981)". The Numbers. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. 
  4. La Voz de Galicia, 29 de abril de 1991. Páx. 78

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar