Vendimario

primeiro mes do calendario republicano francés

Vendimiario (en francés Vendémiaire) é o nome do primeiro mes do calendario republicano francés, o primeiro tamén da estación do outono. Comeza o día do equinoccio de outono, que segundo o ano cae o 22, o 23 ou o 24 de setembro, e acaba o 21, o 22 ou o 23 de outubro. Coincide aproximadamente co paso aparente do Sol pola constelación zodiacal de Libra.

Alegoría, autor anónimo.

O nome do mes deriva do francés vendange (en galego: "vendima"). Segundo o informe á Convención proposto por Fabre d'Églantine, o devandito nome refírese "ás vendimas que teñen lugar en setembro e en outubro". O sufixo -ario denota que o mes pertence á estación do outono, igual que Brumario e Frimario.

O 13 vendimario editar

Este primeiro mes do ano do calendario republicano francés é coñecido polo acontecemento que fixo aparecer por primeira vez a Napoleón Bonaparte nos asuntos políticos da historia de Francia, a insurrección realista do 13 vendimario do ano IV.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar