Vendas Novas é unha cidade portuguesa do distrito de Évora, rexión do Alentexo e subrexión do Alentexo Central, con preto de 9.700 habitantes.[1]

Modelo:Xeografía políticaVendas Novas
Imaxe

Localización
Mapa
 38°40′41″N 8°27′20″O / 38.678026, -8.455475Coordenadas: 38°40′41″N 8°27′20″O / 38.678026, -8.455475
EstadoPortugal
DistritosDistrito de Évora Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación11.846 (2011) Editar o valor em Wikidata (52,65 hab./km²)
Xeografía
Superficie225 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Día festivo
Identificador descritivo
Código postal7080 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario

Páxina webcm-vendasnovas.pt Editar o valor em Wikidata

É sede dun concello con 222,39 km² de área [2] e 11.846 habitantes no 2011,[3][4] subdividido en dúas freguesías. O concello limita ao leste co concello de Montemor-o-Novo, ao sur con Alcácer do Sal, ao oeste con Palmela e ao noroeste coa parte oriental do Montijo. O concello foi creado no ano 1962. Anteriormente era só unha freguesía de Montemor-o-Novo.

Historia editar

A orixe de Vendas Novas remonta á creación de Posta Sul, por orde de João III. Foi entón aberto un camiño de Aldeia Galega (Montijo) a Montemor Vendas Novas para reducir a distancia e o tempo das viaxes. Foi nese camiño onde o rei mandou construír unha pousada, no lugar onde se atopa hoxe Vendas Novas. Algúns anos máis tarde, por orde de Teodósio, construíuse unha nova pousada nas Vendas Novas. O nome do pobo ten, probabelmente, orixe nas construcións (pousadas ou vendas) que, por seren de recente construción, eran novas, denominadas polos viaxantes como "as vendas novas". A poboación máis antiga do concello é, no entanto, a Landeira, hoxe freguesía do concello, no que existen referencias da súa existencia nos inicios do século XII.

Vendas Novas foi freguesía do concello de Montemor-o-Novo ata o 7 de setembro de 1962, data en que pasou a ser concello, após un proceso reivindicativo iniciado no final do século XIX.

Demografía editar

Poboación do Concello de Vendas Novas (1970 - 2011)
1970 1981 1991 2001 2011
8.587 10.933 10.476 11.619 11.846

Freguesías editar

 
Mapa das freguesías de Vendas Novas

O concello divídese en dúas freguesías:

Política editar

O presidente da Cámara Municipal de Vendas Novas é, desde outubro de 2013, Luís Dias, elixido polo PS. A Xunta de Freguesía de Vendas Novas está presidida por Paula Valentim (PS) e a Xunta de Freguesía de Landeira por Vítor Serrano (PS).

Eleccións de 2009
Órgano PS PCP-PEV PSD
Cámara Municipal 3 3 1
Asemblea Municipal 12 9 2
dos cales: elixidos directamente 10 9 2

Evolución da votación editar

Evolución da votación para a Cámara Municipal
Ano CDU
APU de 1979 a 1985
FEPU en 1976
PS PSD CDS-PP AD
2013 39,07% 43,28% 11,64%
2009 52,2% 30,23% 14,49%
2005 46,01% 32,5% 17,76%
2001 53,95% 20,56% 21,13%
1997 52,72% 28,59% 13,11% 1,72%
1993 52,34% 25,68% 15,58% 2,96%
1989 55,16% 17,51% 23,89%
1985 54,75% 41,89%
1982 51,61% 16,68% 29,49%
1979 53,84% 14,84% 29,60%
1976 48,12% 37,18% 10,51

Transportes editar

O concello de Vendas Novas está servido por unha estación de trens que permite cinco enlaces directos a Lisboa e a Évora. A Estación de Vendas Novas está integrada na Liña do Alentexo. Aflúe tamén á estación a Liña de Vendas Novas, na actualidade utilizada para servizo de mercadorías. Canto a transportes por estrada, a cidade está servida pola Rede Expressos, Estradas do Alentejo e TST. Vendas Novas posúe ligazóns diarias a Évora, Setúbal, Lisboa, Montemor-o-Novo e varias freguesías da zona.

O nó da Marateca sitúase nas proximidades da aldea de Landeira, o que confire a Vendas Novas unha posición xeográfica vantaxosa. Ao leste da cidade atópase o acceso á A6, A2 e A13. Grazas a isto, en coche chégase a Lisboa, Évora e Setúbal en preto de 45 minutos.

Gastronomía editar

O prato máis afamado de Vendas Novas son as bifanas, que atraen millares de visitantes á cidade, principalmente á zona de Boavista. As bifanas de Vendas Novas son comercializadas en varios centros comerciais do país incluíndo Almada Fórum, Colombo ou Barreiro Retail Park.

Notas editar