A Vendée Globe é unha regata de veleiros que parte da vila francesa de Les Sables-d’Olonne (Vendée, na costa atlántica francesa, de aí o seu nome) para dar a volta á Terra. Caracterízase por ser sen escalas e en solitario. O percorrido é duns 45 000 km, polo Atlántico, dobrando o cabo de Boa Esperanza, circunnavegando a Antártida polo océano Antártico e pasando de novo ó Atlántico polo cabo de Fornos.

Esquema da ruta seguida, tentando aproveitar as correntes no Atlántico.
Esquema da ruta seguida, tentando aproveitar as correntes no Atlántico.

En 2020, a saída tivo lugar o 8 de novembro, participando 33 embarcacións. A edición será facilitada pola vixilancia da constelación de satélites Copérnico sobre os iceberg no océano Antártico.[1]

Notas editar

  1. "Copernicus satellites keep eyes on icebergs for Vendée Globe". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-12-02.