Vela Ovéquiz

Nobre galego: conde magno

Vela Ovéquiz (ás veces escrito Ovéquez[3] e mesmo Ováquiz), morto após xuño de 1085, foi un conde galego no Reino de Galiza durante os reinados de García II (1065-71) e Afonso VI (1072-1109).

Vela Ovéquiz
Conde

Outros títulosConde Magno[1]
NacementoSéculo XI
Falecementoc. 1085[2]
Cónxuxe/sAldonza Muñoz
DescendenciaRodrigo Vélaz, Munió Vélaz e Sancha Vélaz
ProxenitoresOveco Bermúdez
Elvira Suárez

Traxectoria editar

Foi neto do conde Bermudo Vélaz e da condesa Elvira Piniólez[4], fillo do conde Oveco Bermúdez e da condesa Elvira Suárez[4], e irmán de Bermudo Ovéquiz e Rodrigo Ovéquiz. El e a súa familia posuían propiedades na banda de Lugo que controlaba a entrada a Galiza desde o oeste de Asturias, onde tamén era terratenente.[5] Estaba casado con Aldonza Muñoz, filla do conde Muño Fernández e da condesa Elvira.[2] Tiveron tres fillos: Rodrigo Vélaz[2] ―que tamén foi conde e que durante moitos anos apareceu na documentación como conde de Galiza[6]―, Munió Vélaz[7] e Sancha Vélaz[7].

O 28 de febreiro de 1068, durante o reinado de García, o conde Vela testemuñou nun diploma real expedido ó mosteiro de Santo Antoniño de Toques a propósito da consagración do bispo Gudesteo de Iria Flavia.[8] No outono de 1071, após Afonso VI facerse co reino, Vela asistiu á Corte aparecendo como conde e testemuña, canda os seus irmáns Rodrigo e Bermudo, en varios diplomas do novo rei de Galiza.[9] En 1075, el e o seu irmán Bermudo pleitearon contra o bispo de Oviedo pola posesión do mosteiro de Tol[10], cun resultado desfavorábel.[11] En 1078, el e o seu irmán Rodrigo pleitearon contra o bispo de Lugo, Vistrario, cun resultado novamente desafavorábel: tiveron que renunciar á posesión de bastantes herdades lucenses, sendo acusados de se apropiar delas durante o reinado de García.[11] Nun documento de 1082, el e o seu irmán Rodrigo fanse denominar Duo comites magni.[1] A súa última acción rexistrada foi testemuñar un diploma do 25 de xuño de 1085.[12]

Despois deste ano, estoura unha rebelión a prol do deposto rei García protagonizada polo seu irmán Rodrigo xunto co bispo de Santiago de Compostela Diego Páez. As forzas da familia Ovéquiz asaltan Lugo ―con cuxo bispo Vistrario tiveran o conflito― e ocupan o seu castelo, asasinando a Ordoño, meiriño do rei. É posíbel que Vela participase nestas accións se aínda vivise; porén, non consta o seu nome na documentación coñecida da revolta.[11]

Notas editar

Referencias
  1. 1,0 1,1 Salazar Acha 1985, p. 43.
  2. 2,0 2,1 2,2 Salazar Acha 1985, p. 52.
  3. Reilly 1988.
  4. 4,0 4,1 Salazar Acha 1985, p. 48.
  5. Reilly 1988, pp. 61, 190.
  6. Salazar Acha 1985, p. 53.
  7. 7,0 7,1 Salazar Acha 1985, p. 52-53.
  8. Reilly 1988, p. 25.
  9. Reilly 1988, p. 61.
  10. Salazar Acha 1985, p. 44.
  11. 11,0 11,1 11,2 Varios autores 2010, p. 272.
  12. Reilly 1988, p. 190.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar