Vattenfall Cyclassics

A EuroEyes Cyclassics (anteriormente coñecida como HEW Cyclassics ou Vattenfall Cyclassics e tamén denominada Clásica de Hamburgo) é unha clásica ciclista que se disputa en Hambrgo dende o ano 1996.

Modelo:Competición deportivaVattenfall Cyclassics
Imaxe
Nome oficialHEW Cyclassics (1996–2005)
EuroEyes Cyclassics (2016–2021)
Vattenfall Cyclassics (2006–2015)
BEMER Cyclassics (2022–) Editar o valor em Wikidata
Tipocarreira dun día Editar o valor em Wikidata
Deporteciclismo en ruta Editar o valor em Wikidata
OrganizadorAmaury Sport Organisation (2024–) Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
PaísAlemaña Editar o valor em Wikidata
Vixencia1996 – Editar o valor em Wikidata
Calendario da tempadaagostoEditar o valor em Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor em Wikidata
Outro
Páxina web oficialcyclassics-hamburg.de Editar o valor em Wikidata

Trazado da Vattenfall Cyclassics 2011.

A lonxitude inicial da proba era de 250 km, pero acortouse progresivamente ata os 216 km. Nas últimas edicións o percorrido volveu contar con case 250 km.

Historia editar

Comezou a disputarse en 1996 co nome de Volta a Hamburgo, pero na súa segunda edición cambiou o seu nome polo patrocinio de HEW. En 1998, a competición comezou a formar parte da Copa do Mundo de Ciclismo substituíndo a Wincanton Classic, unha clásica celebrada en Gran Bretaña no mes de agosto. Dende 2005 formou parte do UCIPro Tour. En 2006, co cambio de nome da empresa patrocinadora, a carreira trocou de novo a súa denominación e reduciu a súa quilometraxe. En 2015, Vatenfall anunciou que non continuaría como patrocinadora principal da carreira. Finalmente, a empresa alemá EuroEyes tomou as rendas para a edición do 2016.

Palmarés editar

Ano Gañador Segundo Terceiro
Volta a Hamburgo
1996   Rossano Brasi   Bert Dietz   Steffen Rein
HEW Cyclassics
1997   Jan Ullrich   Wilfried Peeters   Jens Heppner
1998   Léon van Bon   Michele Bartoli   Mirko Celestino
1999   Mirko Celestino   Raphael Schweda   Romans Vainsteins
2000   Gabriele Missaglia   Francesco Casagrande   Fabio Baldato
2001   Erik Zabel   Romans Vainsteins   Erik Dekker
2002   Johan Museeuw   Igor Astrloa   Davide Rebellin
2003   Paolo Bettini   Davide Rebellin   Jan Ullrich
2004   Stuart O'Grady   Paolo Bettini   Igor Astrloa
2005   Filippo Pozzato   Luca Paolini   Allan Davis
Vattenfall Cyclassics
2006   Óscar Freire   Erik Zabel   Filippo Pozzato
2007   Alessandro Ballan   Óscar Freire   Gerald Ciolek
2008   Robbie McEwen   Mark Renshaw   Allan Davis
2009   Tyler Farrar   Matti Breschel   Gerald Ciolek
2010   Tyler Farrar   Edvald Boasson Hagen   André Greipel
2011   Edvald Boasson Hagen   Gerald Ciolek   Borut Bozic
2012   Arnaud Démare   André Greipel   Giacomo Nizzolo
2013   John Degenkolb   André Greipel   Alexander Kristoff
2014   Alexander Kristoff   Giacomo Nizzolo   Simon Gerrans
2015   André Greipel   Alexander Kristoff   Giacomo Nizzolo
EuroEyes Cyclassics
2016   Caleb Ewan   John Degenkolb   Giacomo Nizzolo
2017   Elia Viviani   Arnaud Démare   Dylan Groenewegen
2018   Elia Viviani   Arnaud Démare   Alexander Kristoff

Palmarés por países editar

País Vitorias
  Italia 8
  Alemaña 4
  Australia 3
  Noruega 2
  Estados Unidos 2
  Países Baixos 1
  España 1
  Bélxica 1
  Francia 1

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar