Vanessa-Mae Vanakorn Nicholson,[1] nada en Singapur o 27 de outubro de 1978, máis coñecida como Vanessa-Mae (陈美 Chén Měi) é unha violinista británica. Os seus álbums venderon varios millóns de copias, facéndoa a artista de menos de 30 anos máis rica do Reino Unido en 2006.[2][3] Competiu en esquí alpino como Vanessa Vanakorn (en tailandés: วาเนสซ่า วรรณกร; apelido do seu pai) por Tailandia nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2014. Inicialmente prohibíronlle esquiar porque unha carreira de cualificación no seu beneficio foi considerada corrupta, mais a Corte de Arbitraxe do Deporte anulou a prohibición citando falta de evidencia de mala praxe ou de manipulación.[4][5] A Federación Internacional de Esquí posteriormente tivo que publicar unha desculpa.[6]

Infotaula de personaVanessa-Mae

(2014) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de outubro de 1978 Editar o valor em Wikidata (45 anos)
Singapur Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaZermatt Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeTailandia
Reino Unido
Singapur Editar o valor em Wikidata
EducaciónFrancis Holland School (en) Traducir
Royal College of Music (pt) Traducir
Central Conservatory of Music (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura158 cm Editar o valor em Wikidata
Peso55 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónviolinista , esquiadora alpina , compositora Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1988 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoTechno, música pop e música clásica Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoPop, Lock & Drop It (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoSony Music
Sony BMG
EMI
Virgin Records
Sony Classical Editar o valor em Wikidata
Deporteesquí alpino Editar o valor em Wikidata
Participou en
febreiro de 2014Xogos Olímpicos de Inverno de 2014 Editar o valor em Wikidata

Páxina webvanessa-mae.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0535316 Facebook: vanessamaeofficial Instagram: vanessamaemusic Spotify: 1XucD9urBtUadfCNvZc4Pp Last fm: Vanessa-Mae Musicbrainz: c75d637d-bcca-4123-9ffa-fab3c01be71a Songkick: 131680 Discogs: 24218 Allmusic: mn0000838847 Deezer: 211335 Genius: Vanessa-mae Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Vanessa-Mae naceu en Singapur, filla de Pamela Soei Luang Tan, singapurana, e Vorapong Vanakorn, tailandés. Despois de ser adoptada por un pai británico, mudouse a Londres con catro anos e alí comezou a tocar o violín, tras iniciarse no piano en Singapur. Con oito anos embarcouse nun período intensivo de estudo co profesor Lin Yao Ji no Conservatorio Nacional de Música de Pequín. Vanessa-Mae volveu a Londres e entrou no Royal College of Music.

Carreira musical editar

 
Vanessa-Mae en 2004

Aos trece anos, Vanessa-Mae converteuse na solista máis nova en gravar concertos de violín de Beethoven e Chaikovskii, segundo o Guinness World Records.[7]

O seu primeiro álbum de estilo pop, The Violin Player, foi publicado en 1995. En 1997 participou no álbum de Janet Jackson The Velvet Rope tocando o violín na canción "Velvet Rope".[8] A súa nai foi a súa representante ata que a despediu en 1999.[9]

En xuño de 1999 actuou nos concertos Michael Jackson & Friends de Seúl e Múnic[10][11] e o 7 de marzo de 2002 interpretou unha variación da Catro estacións de Antonio Vivaldi, "Verán: III. Presto", durante a cerimonia inaugural dos Xogos Paralímpicos de Inverno de 2002.[12]

Vanessa-Mae gravou ocasionalmente as súas propias composicións. O seu álbum de 1997 China Girl: The Classical Album 2 incluíu dúas pezas en que aparecía acreditada como autora, "Violin Fantasy on Puccini's 'Turandot" e "Reunification Overture", sobre a reunificación da China e Hong Kong.[13]

En 2017, ClassicFM compilou unha listaxe dos 300 álbums clásicos máis vendidos nos seus 25 anos. Vanessa-Mae apareceu tres veces, con The Classical Album 1 (posto 244), Storm (135) e The Violin Player (76). A páxina web indica que as súas vendas totais fan dela a "violinista solista máis vendedora da listaxe".[14]

Carreira no esquí editar

 
Vanessa-Mae en Southbank Centre, Londres, co facho olímpico, abril de 2008

Vanessa-Mae afirmou que "[comezou] a esquiar na mesma época en que comecei a tocar do piano, arredor dos catro anos, antes de cambiarme ao violín aos cinco",[15] e que soñara con ser esquiadora desde os catorce.[16] En 2009 Vanessa-Mae pasou a residir no resort alpino de Zermatt.[17] En agosto de 2010 contou a The Telegraph: "son británica, mais de xeito realista non hai forma de poder representar o meu país, mais coomo o meu pai biolóxico é tailandés, aceptáronme".[15] Rexistrouse como esquiadora alpina tailandesa.[18]

En 2014, Tailandia non tiña esquiadores alpinos entre os 500 mellores e as regras olímpicas permitían a estes países enviar un home e unha muller ao slálom e ao slálom xigante olímpicos, en base a criterios alternativos: o esquiador debía ter 140 puntos ou menos, sendo mellores as puntuacións máis baixas segundo a Federación Internacional de Esquí (FIS),[19][20] ademais de ter iniciado polo menos cinco probas de slálom xigante recoñecidas internacionalmente.[16][19][20] A petición dos representantes de Vanessa-Mae e do Comité Olímpico Tailandés, organizouse un slálom xigante por parte do Club de Esquí Alpino de Triglav os días 18 e 19 de xaneiro de 2014 en Krvavec, Eslovenia, que sería a última oportunidade de que Vanessa-Mae acadase a puntuación recoñecida pola FIS para optar aos Xogos Olímpicos de febreiro de 2014.[21] O evento incluíu un campionato nacional júnior, no que ela tiña 14 anos máis que calquera das outras participantes.[20]

O evento situou a súa puntuación media menor aos 140 puntos,[19] baixando de 269,44 o 11 de xaneiro a 131,15 a finais do 19 de xaneiro.[22][23] O seu representante Giles Holland dixo: "Parece que o fixo. Por un chisco, pero fíxoo".[16][19] A FIS confirmou a súa elixibilidade para competir nos Xogos Olímpicos de 2014,[19] con Ana Jelusic da FIS mencionando que os resultados de Krvavec "cumpren todos os requisitos".[20]

Foi unha dos dous esquiadores alpinos que representaron a Tailandia nos Xogos Olímpicos de inverno de 2014, onde competiu co nome de Vanessa Vanakorn[19][24] (วา เน ส ซ่า เม ย์ ตัน วรรณ กร; Vanessa May Tan Vanakorn).[25] O 18 de febreiro de 2014, Vanakorn finalizou 67.ª das 90 esquiadoras, cun tempo de 1:44.86 na súa primeira carreira no slálom xigante, a 26.98 segundos da líder. Comezou na posición 87, representando a súa posición relativa na clasificación mundial.[26] Na segunda carreira tivo un tempo de 1:42.11, a 24.21 segundos da primeira.[27] Comezou 74.ª na segunda carreira, a última titular.[28] Ao final do evento, tivo un tempo total de 3:26.97, a 50.10 segundos da gañadora da medalla de ouro, Tina Maze, de Eslovenia. Foi a última das 67 esquiadoras que finalizaron, aínda que outras 23 non lograron completar a proba.[29]

Vanakorn volveu a esquiar en 2017 nun intento de cualificarse para os Xogos de 2018.[30] Debido a unha lesión no ombreiro retirouse en xaneiro de 2018[31] e o posto de Tailandia pasou a Alexia Arisarah Schenkel, de 21 anos.[32]

Discografía editar

Notas editar

  1. Knapton, Sarah (20 de xaneiro de 2014). "Winter Olympics 2014: violinist Vanessa-Mae to ski for Thailand at the Sochi Games". The Telegraph (UK). 
  2. "Vanessa-Mae tops young rich list". BBC News. 21 de abril de 2006. Consultado o 11 de febreiro de 2015. 
  3. "Violinist Vanessa-Mae in four-year skiing ban over fiddled races". The Guardian. Associated Press. 11 de novembro 2014. 
  4. "Vanessa-Mae has four-year competitive skiing ban overturned". The Guardian (online ed.) (Manchester). Press Association. 19 de xuño de 2015. Consultado o 27 de xuño de 2015. 
  5. "Alpine Skiing – Vanessa Vanakorn (Mae) appeal: Four-year ban cancelled, but ineligibility to compete in the Sochi 2014 Olympic Winter Games confirmed". Lausanne: Court of Arbitration for Sport. 19 de xuño de 2015.  Falta a |url= (Axuda)
  6. Sweetman, Tom (24 de febreiro de 2016). "Vanessa Mae awarded defamation damages over race-fixing claims". CNN. 
  7. "Guinness World Records 2003". Guinness World Records. Guinness World Records Ltd. 2003. pp. 191. ISBN 978-1-892051-17-2. 
  8. Easlea, Daryl (2010). "Review of Janet Jackson – The Velvet Rope". BBC Review. 
  9. Deacon, Michael (7 de agosto de 2008). "Vanessa-Mae's journey from prodigy to performer". The Telegraph (Londres). Consultado o 14 de outubro de 2011. 
  10. Easlea, Daryl; Chancler, Ndugu (2016-10-07). Michael Jackson: Rewind: The Life and Legacy of Pop Music's King (en inglés). Race Point Publishing. ISBN 9781631063671. 
  11. "MJ & Friends Munich" (en inglés). Consultado o 2019-11-13. 
  12. "Ceremonies". Salt Lake 2002 Legacy. Redondo Beach, California: The Givens Company. Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2016. Consultado o 11 de novembro de 2014. 
  13. Walsh, John (24 de xaneiro de 1998). "Living doll". The Independent (Londres). Consultado o 31 de decembro de 2011. 
  14. "Classic FM Ultimate Chart". Halloffame.classicfm.com. Consultado o 2020-04-27. 
  15. 15,0 15,1 "Vanessa-Mae: I want to be an Olympic skier". The Telegraph (Londres). 8 de agosto de 2010. Consultado o 13 de xuño de 2011. 
  16. 16,0 16,1 16,2 Sarah Knapton (20 de xaneiro de 2014). "Winter Olympics 2014: violinist Vanessa-Mae to ski for Thailand at the Sochi Games". The Telegraph (Londres). Consultado o 7 de febreiro de 2014. 
  17. Anthon, Kaye (29 de xullo de 2010). "Ski statt Geige: Vanessa Mae startet 2014 bei Olympia". Blick (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2010. Consultado o 14 de outubro de 2011. Ich fahre so gerne Ski, dass ich meinen Wohnsitz von London nach Zermatt verlegt habe 
  18. "Vanakorn Vanessa (905000)". FIS (International Ski Federation). Consultado o 7 de febreiro de 2014. 
  19. 19,0 19,1 19,2 19,3 19,4 19,5 Williams, Ollie (20 de xaneiro de 2014). "Violinist Vanessae-Mae set to compete at Winter Olympics". BBC Sport. Consultado o 20 de xaneiro de 2014. 
  20. 20,0 20,1 20,2 20,3 "Thai Skier Vanessa Vanakorn Qualifies for Sochi 2014 Winter Olympics". Chiangrai Times. 20 de xaneiro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 1 de abril de 2016. Consultado o 7 de febreiro de 2014. 
  21. "Decision of FIS Hearing Panel: Thai competitions in Slovenia". Oberhofen am Thunersee: International Ski Federation. 11 de novembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2014. Consultado o 12 de novembro de 2014. 
  22. "Athlete: Vanakorn Vanessa: Results". Oberhofen am Thunersee, Switzerland: International Ski Federation. Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2014. Consultado o 12 de novembro de 2014. 
  23. "FIS Race – Ladies' Giant Slalom 19.01.2014". Oberhofen am Thunersee: International Ski Federation. Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2014. Consultado o 12 de novembro de 2014. 
  24. "Sochi Scene: Thailand's other guy". yahoo.com. Yahoo! News. Consultado o 31 de marzo de 2015. 
  25. "S.S.A.T. General Assembly 201 7" (PDF). Ski and Snowboard Association of Thailand. 2017. p. 5. Consultado o 11 de decembro de 2017. 
  26. Sportsnet, Women's Giant Slalom – run 1, emisión: 18 de febreiro de 2014 @ circa 2:00AM EST (vídeo)
  27. "Vanessa Vanakorn". CBC Olympics. Consultado o 18 de febreiro de 2014. 
  28. Sportsnet, Women's Giant Slalom – run 2, emisión: 18 de febreiro de 2014 (vídeo)
  29. "Alpine Skiing – Women's Giant Slalom". CBC Olympics. Consultado o 18 de febreiro de 2014. 
  30. "Controversial violinist looks poised for PyeongChang 2018 comeback". SkiRacing.com. 3 de agosto de 2017. 
  31. Nick Hope (20 de xaneiro de 2018). "Vanessa-Mae: Violinist ends Winter Olympics bid to protect music career". BBC Sport (BBC). 
  32. Salikha, Adelaida (8 de febreiro de 2018). "Southeast Asians at the 2018 Winter Olympics". Good News From Southeast Asia. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar