Vanesa Rial

xogadora de rugby galega

Ana Vanesa Rial López, nada en Boiro o 1 de marzo de 1982,[1] é unha antiga xogadora de rugby e unha adestradora galega, que foi olímpica no Río 2016.

Vanesa Rial
Información persoal
NacionalidadeEspaña
Nacemento1 de marzo de 1982 (42 anos)
Boiro
Altura1,72 m
Peso68 kg
Deporte
Deporterugby
Evento(s)Xogos Olímpicos de 2016
ClubCRAT da Coruña
EquipoSelección feminina de España
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Estudou ciencias do deporte na Universidade da Coruña, e traballa como profesora de educación física no IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo[2].

Xogadora de balonmán na mocidade, contactou co rugbi nos anos universitarios[2]. Como xogadora, pertenceu ao CRAT da Coruña, campioa de España en 2015,[3] e internacional coa Selección feminina de España. Participou nos Xogos Olímpicos do Río de Xaneiro do ano 2016.[4][5]

En 2017 participou no Mundial de Rugby, pero unha lesión puxo fin á súa carreira deportiva como xogadora.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.