Vanesa Martín

cantante española

Vanesa Martín Mata, nada en Málaga o 14 de novembro de 1980, é unha cantante e compositora de música pop-rock española. É unha das cantautoras máis destacadas do panorama musical español con máis de 500 000 copias vendidas ao longo da súa carreira e cun Premio Cadena Dial.

Vanesa Martín
Nome completoMaría Vanesa Martín Mata
Data nacemento14 de novembro de 1980
Nado enMálaga
Ocupacióncantante, compositora e poeta
Na rede
http://www.vanesamartin.es
IMDB: nm4244484 Facebook: vanesamartinoficial Twitter: vanesamartin_ Instagram: vanesamartin_ Spotify: 5kSJMVPcTITrSZxTrHllVN Musicbrainz: 6ad51e23-612a-4c58-93b5-c9dab61e4926 Songkick: 2081878 Discogs: 2615639 Genius: Vanesa-martin Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

A súa paixón pola música comezou cando, aos seis anos, o seu pai lle regalou o seu primeiro instrumento, unha guitarra coa que empezou a compoñer as súas primeiras cancións.

Despois de estudar maxisterio e pedagoxía na Universidade de Málaga trasladouse a Madrid en 2003 para dar os seus primeiros pasos no mundo da música e comezou a tocar en bares ata que asinou un contrato con EMI Music Spain.

En 2006 editou o seu primeiro álbum, Agua, producido por Carlos Jean. A reedición do mesmo contén unha versión do tema «Durmiendo Sola» a dúo con David DeMaría e a canción «Lluvia». Ademais de publicar este álbum, estes primeiros anos compuxo cancións diferentes artistas, entre eles India Martínez e Pastora Soler.

En 2009 saíu á venda o seu segundo álbum Trampas, producido por Bob Benozzo. Na reedición deste álbum incluíue o DVD do concerto no Teatro Cervantes de Málaga celebrado o 21 de marzo e a curtametraxe «Perdiendo el equilibrio».

En febreiro do ano 2012 publicou o seu terceiro álbum, Cuestión de Piel, que incluíu colaboracións con Malú, Pablo Alborán e Chambao, e en setembro de 2014 saíu o seu cuarto álbum, Crónica de un baile, composto por 14 cancións como «Sin saber porqué».

Para o título do seu quinto álbum escolleu Munay, que ten un significado especial para ela,[1] xa que representa para a cantautora o amor a moitos nivei. Estreouse o 18 de novembro de 2016 coa canción «Complicidad».

O seu álbum de 2018, titulouse Todas las mujeres que habitan en mí e trátase dunha homenaxe a todas as mulleres que a inspiran tanto no mundo da música como na súa vida en xeral.

Notas editar

  1. "Vanesa Martín". CADENA100 (en castelán). 2017-02-28. Consultado o 2019-05-14. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar