A vanadinita é un mineral de fórmula química Pb5(VO4)3Cl, clorovanadato de chumbo (79% de PbO e 19% de V2O5).

Vanadinita
Fórmula químicaPb5(VO4)3Cl
ClaseVanadatos
Sistema cristalinoHexagonal
CorAmarela, alaranxada, vermella e marrón
BrilloDe adamantino a vítreo
Dureza3-4
FracturaConcoidea a desigual
ExfoliaciónPerfecta
RaiaBranca, tirando a amarela
Densidade6,9-7,1 g/cm3

Aspecto editar

Na súa forma cristalina, a vanadinita preséntase en cristais prismáticos hexagonais ou aciculares. Tamén é frecuente que o faga en forma de agregados amorfos ou de forma esférica. A súa cor máis característica é a vermella.

Lugares onde se atopa editar

É frecuente que a vanadinita apareza en zonas de oxidación asociada a minerais como a calcita.

Usos da vanadinita editar

Utilízase a vanadinita como fonte de vanadio (tamén coma fonte secundaria de chumbo). O vanadio, á súa vez, emprégase para o endurecemento do aceiro e a fabricación de bronce vanádico.

Outros vanadatos editar

Os vanadatos non son compostos moi numerosos na natureza polo que existen poucos minerais pertencentes a este grupo. Outro vanadato coñecido é a carnotita (vanadato de potasio e uranio).