Sir George Ivan Morrison, OBE, nado en Belfast o 31 de agosto de 1945,[1] é un cantante e compositor e produtor de discos norteirlandés, expoñente do chamado celtic soul e coñecido como "Van the Man" polos seus fans[2] ten unha carreira musical que, polo de agora, abrangue sete décadas.

Infotaula de personaSir Editar o valor em Wikidata
Van Morrison

(2007) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) George Ivan Morrison Editar o valor em Wikidata
31 de agosto de 1945 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Belfast, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónElmgrove Primary School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónguitarrista , compositor de cancións , produtor musical , cantautor , artista discográfico , pianista , músico , cantante , poeta , compositor , saxofonista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1958 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoMúsica rock, Fusion, blue-eyed soul e Música celta Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioVan Morrison Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoGuitarra, Saxofón, Harmónica, voz, saxofón alto, guitarra acústica (pt) Traducir, guitarra eléctrica, violão de doze cordas (pt) Traducir, teclado (pt) Traducir e piano Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoDecca Records
Bang Records (1967–)
Warner Bros. Records (1968–)
Mercury Records (1979–) Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMichelle Rocca (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosShana Morrison (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webvanmorrison.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0607341 Allocine: 91427 Allmovie: p103594
Facebook: vanmorrisonofficial Twitter: vanmorrison Instagram: vanmorrisonofficial MySpace: vanmorrison Youtube: UCEaleBSrSBDmm3VFKgpDsgA Souncloud: vanmorrisonofficial Spotify: 44NX2ffIYHr6D4n7RaZF7A iTunes: 253638 Last fm: Van+Morrison Musicbrainz: a41ac10f-0a56-4672-9161-b83f9b223559 Songkick: 156780 Discogs: 255411 Allmusic: mn0000307461 Deezer: 2798 Genius: Van-morrison Editar o valor em Wikidata

Morrison comezou a actuar cando era mozo a finais da década de 1950. Tocou unha variedade de instrumentos como guitarra, harmónica, teclados e saxofón para varias bandas irlandesas, interpretando os éxitos populares daquela época. Nese tempo, foi o saxofonista da banda chamada The Monarchs antes de se converter, a mediados da década de 1960, no cantante principal da banda de rock e R&B de Irlanda do Norte, Them, coa que conseguiu certa notoriedade e coa que gravou o clásico da bandas de garaxe "Gloria"; tema que, posteriormente foi popularizado e versioneado por The Doors, The Shadows of Knight e Patti Smith.[3]

En 1967, comezou en Nova York a súa carreira en solitario co lanzamento dun LP, Blowin' Your Mind, producido por Bert Bens.[4] Trala morte deste, a Warner Bros. Records comprou o contrato de Morrison e permitiulle tres sesións para gravar Astral Weeks (1968).[5] Aínda que nun primeiro momento era un mal vendedor, o álbum pasou a ser considerado un clásico.[6] En 1970, o novo disco, Moondance, elevou a Morrison á categoría de artista importante,[7] e foi ao longo desa década cando construíu a súa reputación cunha feixe de álbums e actuacións en directo que foron moi aclamadas.

Gran parte da música de Morrison estrutúrase arredor das convencións da música soul e do R&B. Outra boa do seu catálogo está formada por longas viaxes musicais de inspiración espiritual que amosan a influencia da tradición celta, o jazz e a narrativa fluída da conciencia, como o álbum Astral Weeks.[4][8] As dúas cepas xuntas, ás veces, denomínanse "soul celta".[9] As súas actuacións en directo foron descritas como "transcendentais" e "inspiradas",[10][11] e a súa música como acadando "unha especie de transcendencia violenta".[12]

Os álbums de Morrison tiveron un éxito importante en Irlanda e no Reino Unido, con máis de 40 que alcanzaron o top 40 do Reino Unido. Co lanzamento de Latest Record Project, Volume 1, logrou os dez mellores álbums no Reino Unido en catro décadas consecutivas.[13] Dezaoito dos seus álbums alcanzaron o top 40 dos Estados Unidos, doce deles entre 1997 e 2017.[14] Recibiu dous premios Grammy e sete nomeamentos,[15] o Brit Award de 1994 á súa contribución excepcional á música, o Americana Music Lifetime Achievement Award de 2017 á composición de cancións e foi incluído tanto no Rock and Roll Hall of Fame como no Songwriters Hall of Fame. En 2016, foi nomeado Sir polos servizos á industria musical e ao turismo en Irlanda do Norte.[2][16]

Traxectoria editar

Dedicouse desde moi cedo á música porque o seu pai coleccionaba discos de jazz, e a nai era cantante. Colleu notoriedade á fronte dos Them, banda formada en 1964, e coa cal obtivo unha serie de éxitos. Morrison comezou a ficar triste debido á grande utilización de músicos de estudio por parte da banda e abandonou o grupo despois dunha xira polos EUA en 1966. Regresou a Belfast coa intención de deixar o mundo da música, máis o produtor Bert Berns convenceuno para regresar a Nova York e gravar só. Destas primeiras sesións de gravación saíu unha das súas cancións máis coñecidas, "Brown eyed girl".

En 1968 é editado Astral Weeks, considerado por moitos o seu mellor traballo, moi aclamado pola crítica, máis sen ter moita aceptación por parte do público.

Morrison xeralmente amosa desdén polas opinións da prensa e da crítica. O seu traballo é serio, moitas veces de natureza espiritual, combinando elementos do jazz, R&B e música celta.

En 1990 participou no espectáculo de Roger Waters, The Wall en Berlín, con outros convidados, entre os cales se atopaban Bryan Adams e Scorpions.

Discografía editar

  1. Blowin' Your Mind (1967)
  2. Astral Weeks (1968)
  3. Moondance (1970)
  4. His Band and the Street Choir (1970)
  5. Tupelo Honey (1971)
  6. Saint Dominic's Preview (1972)
  7. Hard Nose the Highway (1973)
  8. It's Too Late to Stop Now (1974)
  9. Veedon Fleece (1974)
  10. A Period of Transition (1977)
  11. Wavelength (1978)
  12. Into the Music (1979)
  13. Common One (1980)
  14. Beautiful Vision (1982)
  15. Inarticulate Speech of the Heart (1983)
  16. A Sense of Wonder (1985)
  17. No Guru, No Method, No Teacher (1986)
  18. Poetic Champions Compose (1987)
  19. Irish Heartbeat (1988)
  20. Avalon Sunset (1989)
  21. Enlightenment (1990)
  22. Hymns to the Silence (1991)
  23. Too Long in Exile (1993)
  24. A Night in San Francisco (1994)
  25. Days Like This (1995)
  26. How Long Has This Been Going On (1996)
  27. Tell Me Something: The Songs of Mose Allison (1996)
  28. The Healing Game (1997)
  29. Back on Top (1999)
  30. The Skiffle Sessions - Live In Belfast 1998 (2000; con Lonnie Donegan)
  31. You Win Again (2000)
  32. Down the Road - 2002
  33. What's Wrong with this Picture? - 2003
  34. Magic Time - 2005
  35. Pay the Devil - 2006
  36. Keep It Simple - 2008
  37. Born to Sing: No Plan B - 2012
  38. Duets: Re-working the Catalogue - 2015
  39. Keep Me Singing - 2016
  40. Roll with the Punches (2017)
  41. Versatile (2017)
  42. You're Driving Me Crazy (2018)
  43. The Prophet Speaks (2018)
  44. Three Chords & the Truth (2019)
  45. Latest Record Project, Volume 1 (2021)
  46. What's It Gonna Take? (2022)

Notas editar

  1. Ankeny, Jason. "Biografía". allmusic.com (en inglés). Consultado o 3 de decembro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 Redacción (4 de febreiro de 2016). "Sir Van Morrison overjoyed at receiving knighthood". bbc.com (en inglés). Consultado o 3 de decembro de 2021. 
  3. "Gloria: In Excelsis Deo by Patti Smith". songfacts.com (en inglés). Consultado o 4 de decembro de 2021. 
  4. 4,0 4,1 "Van Morrison. biography". songwritershalloffame.org (en inglés). 2003. Archived from the original on 13 de marzo de 2016. Consultado o 3 de decembro de 2021. 
  5. Turner (1993). pp. 86 – 90
  6. Redacción (13 de outubro de 2020). "Van Morrison: Astral Weeks". bbc.co.uk (en inglés). Consultado o 3 de decembro de 2021. 
  7. Eskow, Gary (1 de abril de 2005). "Van Morrison's "Moondance"". mixonline.com (en inglés). Archived from the original on 19 de abril de 2005. Consultado o 3 de decembro de 2021. 
  8. "VAN MORRISON". musthear.com (en inglés). 30 de maio de 2001. Archived from the original on 30 de maio de 2001. Consultado o 3 de decembro de 2021. 
  9. Light, Alan (13 de novembro de 2006). "The All-TIME 100 Albums". time.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2010. Consultado o 3 de decembro de 2021. 
  10. Selvin, Joel (4 de maio de 2009). "Van Morrison's transcendent 'Astral' at Greek". sfgate.com (en inglés). Consultado o 3 de decembro de 2021. 
  11. Colt (2002), pp. 104-105
  12. Hale, James (abril 2019). "Van Morrison: "The Healing Game (Deluxe Edition)"". soundstagexperience.com (en inglés). Consultado o 3 de decembro de 2021. 
  13. "Van Morrison". officialcharts.com (en inglés). Consultado o 3 de decembro de 2021. 
  14. "Van Morrison". billboard.com (en inglés). Consultado o 3 de decembro de 2021. 
  15. "Van Morrison". grammy.com (en inglés). Consultado o 3 de decembro de 2021. 
  16. Rayner, Gordon (12 de xuño de 2015). "Queen's Birthday Honours: Van Morrison knighted". telegraph.co.uk (en inglés). Consultado o 3 de decembro de 2021. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar