As valvulopatías constitúen un grupo de doenzas que afectan ás válvulas cardiacas, independentemente da súa etioloxía ou a gravidade do cadro clínico que produzam. Calquera das catro válvulas do corazón: aórtica e mitral no lado esquerdo e a pulmonar e tricúspide no lado dereito, pódense obstruír ou chegar á regurxitación ao ventrículo ou á aurícula. As valvulopatías poden ser conxénitas no nacemento ou adquiridas ao longo da vida. Aproximadamente preto dun 2% da poboación adulta é portadora dunha valvulopatía, sendo a insuficiencia mitral a máis frecuente[1]. Esta prevalenza aumenta coa idade, até o punto de chegar até entre o 10 e o 15% nos pacientes de máis de 75 anos. O sopro cardíaco, son característico detectado na auscultación cardíaca que é ocasionado por un fluxo sanguíneo turbilionar ou turbulento, é un dos sinais máis comúns ao exame físico dun paciente portador dunha valvopatía. O tratamento depende da severidade do trastorno e inclúe tratamento médico ou cirúrxico mediante a reparación ou reemplazamento da válvula afectada.

Imaxe da anatomía do corazón

Clasificación editar

Clasifícanse seguindo dous criterios:

  • A válvula afecta.
  • A patoxenia da doenza: estenose ou insuficiencia.
Válvula afecta Doenza obstrutiva Insuficiencia valvular
Válvula aórtica Estenose aórtica Insuficiencia aórtica ou regurxitación
Válvula mitral Estenose mitral e prolapso mitral Insuficiencia mitral ou regurxitación
Válvula tricuspídea Estenose tricuspídea Insuficiencia tricuspídea
Válvula pulmonar Estenose pulmonar Insuficiencia pulmonar

Véxase tamén editar

Notas editar

  1. (en inglés) Burden of valvular heart diseases: a population-based study, V Nkomo, J Gardin, T Skelton, J Gottdiener, C Scott, M Enriquez-Sarano, Lancet 2006; 368: 1005–11