Valtierra é un concello de Navarra, situado no meiriñado de Tudela, entre as desérticas paisaxes das Bardenas Reales e o val do Ebro. Segundo o INE, en 2008 tiña 2.542 habitantes. Ten unha extensión de 49,9 km², e limita coas localidades de Arguedas, Alfaro, Cadreita, Castejón e Tudela.

Modelo:Xeografía políticaValtierra
Valtierra (es)
Balterra, Landibar (eu)
Val Tierra (an) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 42°11′43″N 1°38′03″O / 42.195277777778, -1.6341666666667Coordenadas: 42°11′43″N 1°38′03″O / 42.195277777778, -1.6341666666667
EstadoEspaña
Comunidade foralNavarra Editar o valor em Wikidata
CapitalValtierra Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación2.424 (2023) Editar o valor em Wikidata (48,59 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie49,891 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude263 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataAlfonso Carlos Mateo Miranda (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal31514 Editar o valor em Wikidata
Código INE31249 Editar o valor em Wikidata

Páxina webvaltierra.es Editar o valor em Wikidata

Demografía editar

1897 1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2001 2006 2008
1.705 1.780 1.889 2.228 2.633 2.913 3.149 3.165 2.772 2.497 2.508 2.410 2.500 2.542

Historia editar

Tivo unha importante presenza árabe e foi parte do imperio de Muza Ben Muza, máis tarde forma parte da Taifa de Zaragoza e máis adiante da de Tudela-Lleida. Terminou de ser conquistada polos cristiáns de Afonso o Batallador rei de Navarra e Aragón no ano 1110 outorgando á vila o Foro de Sobrarbe e o título de Moi nobre e Moi leal, cando Navarra e Aragón separáronse esta como consecuencia da morte de Afonso I en 1134, a nobreza decidiu formar parte de Navarra e Tudela non se uniu a Aragón, formando parte de Navarra.

Patrimonio artístico editar

 
Igrexa de Santa María.
  • Igrexa de Santa María. Templo parroquial do século XVI que atesoura un grandioso Retablo Maior renacentista, con talla dourada e policromada.
  • Palacio dos Gómara. Edificio civil de estilo barroco, con fachada de ladrillo do século XVIII.

Economía editar

Valtierra foi historicamente unha vila dedicada plenamente aos labores agrícolas e durante séculos ao redor delas desenvolveuse a vida no municipio. Dentro do sector primario destacan os cultivos de millo, verduras (brócoli, coliflor, tomate, pemento, berenxena), o cereal, e os verbascos. Na gandería destaca o gando ovino, bovino e porcino. A comezos do século XXI acadaban tamén grande importancia o sector secundario e o sector terciario.

Zonas de interese próximas editar