Valor (ética)

principio moral

No ámbito da ética, o valor é unha propiedade dos obxectos, que representa o seu nivel de importancia.

Características editar

O valor ético de algo denota o seu grao de importancia, co obxectivo de determinar que acción ou vida é mellor realizar ou vivir (Deontoloxía), ou polo menos un intento de describir o valor de distintas accións (Axioloxía). Pode ser descrito como tratando ás accións mesmas como obxectos abstractos asignándolles valor a elas. Trata sobre a conduta correcta e a vida boa, no sentido que unha acción que posúe moito valor ou un valor relativamente elevado pode ser considerada "boa" dende un punto de vista ético (no sentido dun adxectivo), e unha acción que posúe un valor baixo ou polo menos baixo no sentido relativo pode ser considerada "mala".

O que fai que unha acción sexa valorada depende dos valores éticos dos obxectos que ela aumenta, diminue ou altera. Un obxecto cun "valor ético" pode ser identificado como "ético ou filosóficamente bo" (no sentido dun substantivo)

Moitos obxectos poden ser valiosos para nós, tanto obxectos naturais (a auga ou o aire), como obxectos artificiais (unhas deportivas ou un ordenador). Pero estas valoracións non pertecen ao ámbito da ética, son valoracións que consideran a utilidade ou outros aspectos de certos obxectos. Igualmente, podemos afirmar que unha persoa é elegante, áxil ou obxectiva, e podemos cualificar unha acción de eficaz, enriquecedora ou oportuna, pero aínda non falamos de valores que pertencen ao ámbito da ética.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar