Valle Gran Rey é un municipio canario pertencente á provincia de Santa Cruz de Tenerife. Está situado no oeste da illa de La Gomera. Ten unha extensión de 36,36 km² e unha poboación de 5.116 habitantes (INE, xaneiro 2007). A altitude da capital municipal é de 100 metros sobre o nivel do mar.

Modelo:Xeografía políticaValle Gran Rey
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 28°07′00″N 17°19′00″O / 28.1167, -17.3167Coordenadas: 28°07′00″N 17°19′00″O / 28.1167, -17.3167
EstadoEspaña
Comunidade autónomaIllas Canarias
ProvinciaProvincia de Santa Cruz de Tenerife Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación4.719 (2023) Editar o valor em Wikidata (145,83 hab./km²)
Xeografía
Superficie32,36 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor em Wikidata
Altitude45 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataMiguel Ángel Hernández Méndez (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal38870 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE38049 Editar o valor em Wikidata

Páxina webvallegranrey.es Editar o valor em Wikidata

Trátase dun municipio cuxa poboación se atopa bastante dispersa en numerosos barrios e casaríos que se dispón no seu maior parte ao longo do barranco que lle dá nome e na plataforma costeira. A capital está establecida no lugar de La Calera desde 1930, antes estivo en Arure, que daba tamén nome antigamente ao municipio. Outras entidades de poboación relevantes son Las Hayas, Taguluche, La Playa e Vueltas.

Economía editar

 
Palmeiral no barrio de Casa da Seda, Valle Gran Rey.

A economía de Valle Gran Rey baseábase ata os anos 70 do século XX na pesca e na agricultura, especialmente no cultivo do plátano. A partir de entón adquiriu certa relevancia como destino turístico alternativo, o cal propiciou un certo desenvolvemento urbanístico. Na actualidade é a través do sector terciario por onde se obteñen os maiores ingresos, especialmente por medio do turismo procedente sobre todo de Alemaña e das propias illas Canarias.

Porto de Vueltas editar

 
Valle Gran Rey

O porto de Vueltas é un porto eminentemente pesqueiro polo que a poboación dos municipios contiguos, ata os anos 70 do século XX, baseaba a súa economía na pesca e o cultivo do plátano. Desde hai anos un barco rápido cobre a liña Valle Gran Rey - Porto Santiago - San Sebastián - Los Cristianos (Tenerife), varias veces ao día, posibilitando a chegada a este municipio máis fácil e rápido por mar que por estrada e mellorando así as comunicacións da illa.

Poboación editar

Ano Poboación Densidade
1991 3.103 -
1996 3.631 -
2001 4.238 132,46/km²
2002 4.248 -
2003 4.487 138,65/km²
2004 4.745 144,22/km²
2006 5.040 153,19/km²
2007 5.116 155,5/km²

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar