Valerio do Bierzo

monxe cenobita visigodo

Valerio do Bierzo, nado ca.630 e finado ca.695,[1] foi un monxe cenobita que viviu retirado na comarca do Bierzo.

Infotaula de personaValerio do Bierzo
Biografía
Nacemento630 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Astorga Editar o valor em Wikidata
Morte695 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (64/65 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeReino visigodo de Toledo Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoQ66707630 Traducir e cristianismo Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmonxe , escritor , ermitán Editar o valor em Wikidata
ProfesoresFroitoso de Braga Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa21 de febreiro Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Valerio era membro da aristocracia visigoda[2]. Nos seus escritos conta como despois dunha azarosa xuventude decidiu retirarse do mundo na procura dunha vida espiritual[1]. Durante unha época foi monxe no Mosteiro de Compludo,[1] pero marchou buscando a soidade do eremita fóra da cidade de Astorga[3]. Primeiro viviu na rexión de Castro Petrense e tras o asalto duns ladróns, nun lugar coñecido como Ebronanto, como un ermitán nunha cela cun altar protexido polos propietarios do terreo.[4] Ata que o propietario, Ricimer, decidiu botar abaixo o oratorio e contruír unha igrexa, aparentemente coa intención que Valerio fora o párroco[4]. Valerio viuno como un ataque do diaño, nun intento de destruír a súa vida de reclusión e marchou para outro lugar, co seu sobriño e un servente construíron unha pequena igrexa nun outeiro próximo ás súas celas[4].

Obras editar

Consérvanse algunhas obras de Valerio: tres breves visións da vida do alén como o viron tres monxes; un resumo da viaxe a Terra Santa da peregrina do século IV Exeria[5]; algunhas obras sucintas de instrución monástica, e un pequeno corpo de poesía.[5]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Liz Herbert McAvoy, (2010), Anchoritic Traditions of Medieval Europe, páxina 93. Boydell & Brewer
  2. Anastasia Serghidou, (2007), Fear of slaves, fear of enslavement in the ancient Mediterranean, page 301. Presses Univ. Franche-Comté
  3. Maribel Dietz, (2005), Wandering monks, virgins, and pilgrims: ascetic travel in the Mediterranean, pages 183-4, Penn State Press
  4. 4,0 4,1 4,2 Roger Collins, (2004), Visigothic Spain, 409-711, page 201-2. Wiley-Blackwell
  5. 5,0 5,1 Roger Collins, (1995), Early medieval Spain: unity in diversity, 400-1000, page 85. Palgrave Macmillan.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar