Valcambi

compañía suíza de metais preciosos

Coordenadas: 45°50′19.32″N 9°0′18.107″L / 45.8387000, -9.00502972

Valcambi é unha compañía suíza dedicada á afinación de metais preciosos, con sede en Balerna, no cantón de Tesino.

Valcambi, S. A.

Lingote de ouro puro de
Valcambi


TipoSociedade anónima.
FundaciónMaio de 1961
MatrizGlobal Gold Refineries Ltd.
Localización Balerna.
Cantón de Tesino.
Suíza Suíza.
Persoas clavePresidente: Federico Domenghini.[1]
IndustriaAfinación e comercio de metais preciosos.
ProdutosMetais preciosos.
Número de empregados155
Na rede
http://www.valcambi.com/
editar datos en Wikidata ]

A empresa é propiedade da compañía Global Gold Refineries Ltd., que pola súa banda está participada nun 95 % por REL Singapore PTE Ltd., de Singapur, e nun 5 % por Rajesh Exports Limited, da India.[2]

Valcambi é unha das plantas de afinación de metais preciosos máis grandes do mundo e a de maior produción mundial (2.000 toneladas anuais).[3] A compañía afina ouro, prata, platino e paladio en diversas formas, maioritariamente as barras e lingotes fundidos e cuñados, moedas cuñadas e outros produtos de fundición semiacabados.[4] Ademais, ofrece tamén servizos de ensaio, transporte e almacenaxe de metais preciosos.[5][6]

Historia editar

Valcambi foi fundada en xuño de 1967 en Balerna, no cantón suízo de Tesino, por cinco socios procedentes da vila de Mendrisio, no mesmo cantón. O nome orxinal da compañía era Valori & Cambi SA, mais esta denominación cambiouse en xuño de 1967 a Valcambi SA, como combinación da ambas as palabras do nome primitivo.[7]

Ese mesmo 1967, o banco suízo Credit Suisse adquiriu o 50 % das accións de Valcambi, en 1968 outro 30 % e, finalmente, en 1980 o 20 % restante, ata se facer coa propiedade total da compañía.[7]

En decembro de 2003, a empresa estadounidense de minaría do ouro Newmont Mining (subsidiaria de Mitsubishi Corporation nos EEUU) e varios dos investidores orixinais de Valcambi estableceron unha empresa conxunta participada ao 50 %, chamada European Gold Refineries SA (EGR), e esta nova compañía comproulle a Credit Suissse a totalidade das accións de Valcambi.[7][8]

 
Moeda letoa de prata de 10 lats (1994), producida por Valcambi

A corporación Mitsubishi International Corporation adquiriu en xullo de 2007 o 6,55 % das accións de EGR,[9] o que deixou a Newmont e o grupo de investidores suízos cunha participación do 46,725 % cada parte. En abril de 2008, Newmont comproulle a súa participación ao grupo de investidores e pasou a contar cun 56,67 % de participación en EGR, que chegou ata o 60 % a finais dese mesmo ano cando Mitsubishi lle vendeu o 6,55 % co que contaba.[7]

En xullo de 2015, a compañía india Rajesh Exports adquiriu European Gold Refineries SA (EGR), propietaria do 100 % de Valcambi SA. Como vehículo para levar a cabo esta adquisición, a compañía india creou en Suíza en 2017 a entidade Global Gold Refineries AG, rexistrada no cantón de Lucerna.[10] Esta operación estivo financiada parcialmente por Rajesh Exports e tamén pola concesión dun crédito de Credit Suisse.[7][11] [12][13]

Notas editar

  1. "Federico Domenghini - Non-Executive Director Chairman.". Sitio web de Valcambi.
  2. "Corporate structure". Valcambi.com
  3. "At a glance". Sitio web de Valcambi.
  4. "Products and Metals". Sitio web de Valcambi.
  5. "Services". Sitio web de Valcambi.
  6. "The World’s largest Precious Metals Refineries". En Bullionstar.com. 19 de agosto de 2016.
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 "Valcambi Refinery: History of Valcambi". En Bullionstar.com
  8. "Newmont Mining Corporation". US Securities and Exchange Commision.
  9. "Mitsubishi International Corporation to purchase Up to 33 % of Swiss precious metals Refining and Distribution Company Arquivado 10 de marzo de 2021 en Wayback Machine.". Mitsubishi International Corporation.
  10. "Registre du comerce: Global Gold Refineries AG". Registre du commerce du canton de Lucerne.
  11. Documento de adquisición de Valcambi. Rajesh Exports Ltd.
  12. "Swiss Gold Refineries and the sale of Valcambi". Bullionstar.com. 3 de xullo de 2015.
  13. "History". Sitio web de Valcambi.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar