O Val de Xálima, coñecido tamén como Val do río Ellas ou Val dos Tres Lugares (na fala Vali de Xálima, Vali do riu Ellas ou Os Tres Lugaris e en español e oficialmente Valle de Jálama), é unha rexión da provincia de Cáceres en Estremadura, situada na fronteira con Portugal e Salamanca. Nela consérvase e utilízase a Fala de Estremadura, considerada unha variante do galego, se ben non ten calidade de lingua oficial. Comprende os concellos de San Martín de Trebello, As Ellas e Valverde do Fresno.

Modelo:Xeografía políticaVal de Xálima

Localización
Mapa
 40°12′N 6°48′O / 40.2, -6.8Coordenadas: 40°12′N 6°48′O / 40.2, -6.8

Xeografía editar

Está situado a unha altitude media de 500 msnm, e está presidido polo monte Xálima, de 1.492 m de altitude, onde nacen numerosos regueiros que forman o río Ellas, que travesa todo o val, sendo o afluente do río Texo que constitúe unha fronteira natural entre España e Portugal. O seu curso é duns 50 km aproximadamente. O val está protexido por abruptas formacións montañosas de entre 1.200 e 1.500 m que o separan de Castela e León; ao sueste outra serra de entre 700 e 900 m sepáraa do resto de Estremadura, e polo oeste ábrese a Portugal. É, por tanto, unha cunca natural perfectamente delimitada e apartada dos territorios de fala castelá e estremeña polas dificultades orográficas, que permitiu conservar a Fala de Estremadura, e outras características de toponimia, arquitectura e gastronomía de orixe galaico-portuguesa.

Concellos editar

Cidade Extensión
(km²)
Poboación 2015
(hab.)
Densidade
(hab./km²)
As Ellas 33 941 29,39
San Martín de Trebello 23,82 851 36,15
Valverde do Fresno 197,29 2.422 12,37
254,11 4.214 16,58

Lingua editar

O val distínguese dos concellos limítrofes pola lingua dos seus habitantes, a fala de Estremadura. Trátase dun conxunto de dialectos galaicoportugueses: o manhegu de San Martín de Trebello, o lagarteiru das Ellas e o valverdeiru de Valverde do Fresno. Estas falas, aínda que presentan pequenas diferenzas entre eles, teñen a mesma base lingüística.

Véxase tamén editar