Coordenadas: 28°21′N 16°26′O / 28.350, -16.433

O Val de Güímar é unha depresión física localizada na zona sueste da illa de Tenerife (Canarias). Formado polo deslizamento de inxentes volumes de materiais cara ao mar, ten unha extensión aproximada duns 122 quilómetros cadrados que ocupan superficies dos municipios de Candelaria, Arafo e Güímar.

En primeiro plano, piñeirais de La Ladera de Güímar. No centro da foto, montes de Güímar e linguas de lava do volcán de Las Arenas (1705). Ao fondo, Ladera de Chafa.

O val, que se encontra delimitado pola Cordilleira Dorsal na súa cabeceira, e as abas de Chafa e Güímar nos seus extremos leste e oeste respectivamente, presenta unha pendente relativamente suave abranguendo dende zonas de alta montaña ata a costa. É oposto ao Val de La Orotava.