Vaccinium

xénero de plantas

Arandeiras (xénero Vaccinium)

Arandos azuis
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Ericales
Familia: Ericaceae
Subfamilia: Vaccinioideae
Tribo: Vaccinieae
Xénero: Vaccinium
L.
Especies

Especies de ''Vaccinium''

Sinonimia
  • Agapetes D. Don ex G. Don
  • Cavinium Thouars
  • Hornemannia Vahl
  • Rhodococcum (Rupr.) Avrorin
  • Symphysia C. Presl
  • Xrhodocinium Avrorin[1]

Vaccinium é un xénero de arbustos da familia Ericaceae que inclúe todas as especies chamadas arandeiras ou herbas dos arandos, coma a arandeira brava (Vaccinium myrtillus) ou a arandeira americana (Vaccinium corymbosum). O xénero contén 908 especies descritas e destas, só 172 aceptadas[2]. O froito é unha baga comestíbel chamada arando ou uva de monte. En Galiza atopamos dúas especies espontáneas moi semellantes, a arandeira brava (Vaccinium myrtillus); e a arandeira negra (Vaccinium uliginosum), especialmente nas fragas das montañas orientais.

Hábitat e distribución editar

O seu hábitat é, especialmente, as rexións frías do hemisferio norte, aínda que tamén hai especies tropicais en rexións tan distantes como Madagascar e Hawai. Estas plantas, porén, prefiren terreos abertos así como zonas de monte baixo. Na Península Ibérica pódense atopar tres especies bravas, todas elas en montañas e ambientes minimamente húmidos: a arandeira brava (Vaccinium myrtillus), a arandeira negra (Vaccinium uliginosum) e, moi raramente, a arandeira rubia (Vaccinium vitis-idaea).

 
Ilustración da arandeira brava (Vaccinium myrrtillus).

Descrición editar

Son arbustos ou rara vez árbores, terrestres ou epifíticos, frecuentemente rizomatosos. Follas alternas, perennes ou caedizas, curtamente pecioladas, pinnatinervias ou planervias, as marxes enteiras ou aserradas. Inflorescencias axilares, racemosas ou rara vez con 1-2 flores; unha bráctea floral, pequena; dúas bractéolas; pedicelos artellados ou continuos co cáliz. Flores terta ou pentámeras, xeralmente recendentes, a estivación imbricada; cáliz sinsépalo, o tubo cilíndrico a globoso, os lobos rara vez obsoletos; corola simpétala, cilíndrica, urceolada, ou campanulada, membranácea a delgadamente carnosa, os lobos rara vez partidos case até a base; estames 8 ou 10, iguais, do longo da corola; filamentos distintos, iguais, máis longos que as anteras, o conectivo con ou sen esporóns, ás veces en aparencia con esporóns vestixiais; anteras iguais, o tecido de desintegración ausente, as tecas lisas ou papiladas, dous túbulos, distintos, dehiscentes por poros terminais ou rara vez por fendas oblicuas; pole sen fíos de viscina; ovario completamente ínfero ou en parte ínfero, 4-5(-falsamente 10)-locular; estilo case igual á corola. Froitos en bagas; sementes de 5 a numerosas, ás veces cunha vaíña mucilaxinosa.[1]

O froito desenvólvese a partir dun ovario inferior, polo que botanicamente é considerado unha falsa baga.

Cultivo comercial editar

Das 30 especies comúns que constitúen o xénero Vaccinium só un pequeno grupo delas teñen importancia comercial. As especies máis coñenocidas e as súas variedades son as seguintes, agrupadas nos seguintes grupos segundo as súas características de crecemento e requirimentos agroclimáticos:

Taxonomía editar

O xénero foi descrito por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 349–352. 1753.[1] A especie tipo é a arandeira negra: Vaccinium uliginosum L.

Etimoloxía

Vaccinium: nome xenérico que se utilizou en latín clásico para un tipo de baga (probabelmente a arandeira Vaccinium myrtillus ), mais a súa última derivación é escura, (non é a mesma verba que vaccinum = "de ou pertencente ás vacas").[3]

Algunhas especies editar

Existen dous subxéneros:

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Vaccinium". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 20 de febreiro de 2013. 
  2. Vaccinium en PlantList
  3. P. G. W. Glare (editor) (1996). Oxford Latin Dictionary. p. 2000. ISBN 0-19-864224-5. 
  4. Nome vulgar galego preferido en Termos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004
  5. Nome vulgar galego preferido en Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C) A Coruña, Deputación da Coruña, 2000

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  1. Davidse, G., M. Sousa Sánchez, S. Knapp & F. Chiang Cabrera. (eds.) 2009. Cucurbitaceae a Polemoniaceae. Fl. Mesoamer. 4(1): 1–855.
  2. Forzza, R. C. & et al. 2010. 2010 Lista de espécies Flora do Brasil. https://web.archive.org/web/20100526002559/http://floradobrasil.jbrj.gov.br/2010/.
  3. Idárraga-Piedrahita, A., R. D. C. Ortiz, R. Callejas Posada & M. Merello. (eds.) 2011. Fl. Antioquia: Cat. 2: 9–939. Universidad de Antioquia, Medellín.
  4. Luteyn, J. L. 2001. Two new species and two new combinations in Mesoamerican Ericaceae. Brittonia 53(3): 437–446.
  5. Luteyn, J. L. 1999. Páramos, a checklist of plant diversity, geographical distribution, and botanical literature. Mem. New York Bot. Gard. 84: viii–xv, 1–278.
  6. Luteyn, J. L. & R. L. Wilbur. 2005. Ericaceae. In Burger, W. (editor). Flora Costaricensis, 2005. Fieldiana, Bot., n.s. 45: 1–107.
  7. Luteyn, J. L. & R. L. Wilbur. 2010. Ericaceae. En: Manual de Plantas de Costa Rica. Vol. 5. B.E. Hammel, M.H. Grayum, C. Herrera & N. Zamora (eds.). Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 119: 239–283.
  8. Schatz, G. E., S. Andriambololonera, Andrianarivelo, M. W. Callmander, Faranirina, P. P. Lowry, P. B. Phillipson, Rabarimanarivo, J. I. Raharilala, Rajaonary, Rakotonirina, R. H. Ramananjanahary, B. Ramandimbisoa, A. Randrianasolo, N Ravololomanana, Z. S. Rogers, C. M. Taylor & G. A. Wahlert. 2011. Catalogue of the Vascular Plants of Madagascar. Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 0(0): 0–0.
  9. Stevens, W. D., C. Ulloa Ulloa, A. Pool & O. M. Montiel Jarquin. 2001. Flora de Nicaragua. Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 85: i–xlii,.

Ligazóns externas editar