VG-20

autovía urbana desde Comesaña (Vigo) ata Rebullón (AP-9)

A VG-20, tamén coñecida como Circunvalación ou Segundo Cinto de Vigo é unha autoestrada de titularidade estatal que circunda a cidade de Vigo polo sur.

VG-20
Circunvalación ou Segundo Cinto
de Vigo
Viaduto da VG-20 en Bouzas
TipoloxíaAutovía urbana
RedeRede de estradas do Estado
Lonxitude13 km
Localización
InicioBouzas
Fin AG-57 
Circulación
Velocidade máxima120 km/h

A súa construción comezou canda a prolongación da AP-9 até Tui, en 2001, cun custo estimado de 30.000 millóns de pesetas (~180M€) [1]. Entrou completamente en servizo en novembro de 2005, logo dun investimento duns 122 millóns de euros por parte do Ministerio de Fomento de España.[2][3] Unha década despois, a VG-20 encontrábase cos seus niveis máis baixos de tráfico desde a súa posta en funcionamento.[4]

Notas editar

  1. Diego Pérez (2000-05-24). "Fomento eleva a 30.000 millones el coste del nuevo cinturón y la autopista Vigo-Tui". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2017-08-03. 
  2. Juanma Fuentes (2005-11-29). "Vigo estrena su primera circunvalación once años después de ser diseñada". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2017-08-03. 
  3. Ministerio de Fomento de España (28-11-2005). "Fomento pone en servicio el tramo Conexión Castrelos-Bouzas con la Autopista Puxeiros-Val Miñor (AG-57)" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03-08-2017. Consultado o 03-08-2017. 
  4. Teo Andrés, José. "El Cinturón de Vigo, en su nivel más bajo de tráfico al cumplir 10 años". Atlántico (en castelán). Consultado o 2017-08-03.