Vo Van Kiet ,Võ Văn Kiệt, nado en Trung Hiep o 23 de novembro de 1922, finado en Singapur o 11 de xuño de 2008, foi un político vietnamita e Primeiro Ministro de Vietnam (en 1988 e entre 1991 e 1997).

Võ Văn Kiệt
Nacemento23 de novembro de 1922
Lugar de nacementoVinh Long (cidade)
Falecemento11 de xuño de 2008
Lugar de falecementoSingapur
Causapneumonía
NacionalidadeVietnam
Ocupaciónpolítico e militar
CónxuxePhan Luong Cam
PremiosGold Star Order e Orde de José Martí
Na rede
WikiTree: Phan-81
editar datos en Wikidata ]

Biografía editar

Naceu na poboación de Trung Hiep. A súa primeira dona e os seus dous fillos morreron a causa dunha bomba do exército norteamericano durante a guerra de Vietnam.

Foi admitido no Partido Comunista de Indochina en 1939. Uniuse ao Movemento Xuvenil Anti-imperialista e participou na insurrección de Nam Kỳ (Cochinchina) no distrito de Vũng Liêm.

Foi primeiro Ministro de Vietnam desde o 8 de agosto de 1991 até o 25 de setembro de 1997. Tamén xa actuara como tal desde o 10 de marzo de 1988 até o 22 de xuño do mesmo 1988.

 
Primeiro Ministro de Vietnam

Segue a:
Pham Hung
Võ Văn Kiệt
(1988-1988)

Precede a:
Do Muoi

Segue a:
Do Muoi
Võ Văn Kiệt
(1991-1997)

Precede a:
Phan Van Khai