Víctor Pruneda

xornalista e político galego

Víctor Santos Pruneda Soriano, nado en Ferrol o 1 de novembro de 1809 e finado en Teruel o 15 de xuño de 1882, foi un xornalista e político republicano galego.

Infotaula de personaVíctor Pruneda

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de novembro de 1809 Editar o valor em Wikidata
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Morte15 de xullo de 1882 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Teruel, España Editar o valor em Wikidata
Civil governor of Zaragoza (en) Traducir
1873 –
Deputado no Congreso dos Deputados
26 de abril de 1871 – 24 de xaneiro de 1872
Circunscrición electoral: Teruel (en) Traducir
Deputado no Congreso dos Deputados
5 de maio de 1869 – 1 de febreiro de 1871
Deputado no Congreso dos Deputados
5 de maio de 1869 – 2 de xaneiro de 1871
Circunscrición electoral: Zaragoza (en) Traducir
Alcalde de Teruel
novembro de 1854 – 1856
Senador de España
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo dun oficial de mariña que combateu na batalla de Trafalgar, exerceu como mestre e secretario municipal en El Poyo del Cid (1829). Ameazado polas partidas carlistas, instalouse en Teruel (1835), onde desenvolveu unha intensa actividade pública como membro da á esquerda do Partido Progresista e presidente da Sociedad Económica de Amigos del País. En 1840, logo do fracaso do pronunciamento contra a rexencia de María Cristina, iniciou as súas colaboracións co periódico republicano madrileño El Huracán e fundou en 1941 El Centinela de Aragón. Detido e acusado de conspiración polos seus artigos, sobreviviu a un intento de homicidio e evitou a deportación a Porto Rico. Membro da Junta Superior del Gobierno Popular de Teruel e comandante da Milicia Popular durante o pronunciamento contra Espartero do verán de 1843; en setembro foi vocal da Junta Revolucionaria de Teruel. Co fracaso da insurrección tivo que enfrontarse á pena de morte, acusado de "conspiración contra el gobierno". Conmutada a condena por seis anos de confinamento nas Illas Canarias, beneficiouse da amnistía decretada pola voda de Isabel II (1846). Pola súa participación nos acontecementos revolucionarios (1848) foi condenado a 9 meses de cadea no castelo de Morella. En 1849 uniuse ao Partido Democrático, de inspiración republicana. No pronunciamento do verán de 1854 foi presidente da Junta revolucionaria da provincia de Teruel. Foi elixido alcalde de Teruel e comandante da Milicia Nacional. Co fin do Bienio Progresista tivo que fuxir a Zaragoza e exiliarse en Francia. Cando regresou foi capturado e deportado 5 meses en Cidade Real. Retornado a Teruel publicou o periódico El Órgano de Móstoles, polo que foi novamente procesado. Conseguiu evitar a deportación a Fernando Poo e participou na sublevación anti-isabelina de 1867 e na da Junta Revolucionaria Provisional de Teruel en 1868. Foi elixido presidente da Junta Revolucionaria de Teruel e comandante dos Voluntarios de la Libertad. Colaborou en El Pueblo e La Igualdad de Madrid e volveu publicar El Centinela de Aragón. En 1869 colaborou na fundación dos periódicos La Fraternidad e La Idea. Fundou o Partido Democrático Federal de Teruel, do que foi elixido presidente. Foi elixido alcalde de Teruel e deputado pola provincia de Zaragoza. Participou na insurrección federal de 1869, que lle valeu un Consello de Guerra e a deportación a Francia. Desde Hendaia e Baiona colaborou na prensa federalista turolense. Amnistiado en 1870, foi elixido presidente do Comité Republicano provincial de Teruel. En 1871 foi deputado a Cotes, membro do Directorio Nacional Republicano e, outra vez, alcalde de Teruel.

Coa proclamación da I República foi nomeado Gobernador Civil de Zaragoza. Opúxose á insurrección cantonal no manifesto Al País. Dimitiu do cargo de Gobernador Civil por diferenzas con Castelar. De regreso en Teruel, reorganizou a Milicia Nacional para facer fronte ao exército carlista. Xogou un papel destacado durante os ataques carlistas contra a cidade no verán de 1873.

Despois da restauración monárquica, que censurou a publicación do periódico satírico El XII, abandonou a actividade política e refuxiouse na literatura. Colaborou en El Turolense (1876) e escribiu algúns ensaios históricos. Tamén traballou como vicepresidente da Sociedad Económica Turolense de Amigos del País (1877).

Obras editar

  • Un viaje a las islas Canarias (1848).
  • Apuntes para la historia de Teruel (1877).
  • Apuntes críticos y biográficos de turolenses célebres (1879).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar