Víctor Lis Quibén

médico, político e escritor galego

Víctor Lis Quibén, nado en Buenos Aires en 1893 e finado en Pontevedra o 9 de xullo de 1963, foi un médico, político e escritor galego.

Infotaula de personaVíctor Lis Quibén

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1893 Editar o valor em Wikidata
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Morte9 de xullo de 1963 Editar o valor em Wikidata (69/70 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Deputado nas Cortes republicanas

24 de febreiro de 1936 – 2 de febreiro de 1939

Circunscrición electoral: Pontevedra
Deputado nas Cortes republicanas

1 de decembro de 1933 – 7 de xaneiro de 1936

Circunscrición electoral: Pontevedra
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmédico , político , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Malia que Lis Quibén naceu en Buenos Aires, a súa familia era orixinaria de Cutián, San Xurxo de Sacos.

Médico de profesión, actividade que exerceu en Pontevedra, militou politicamente na ideoloxía monárquica. Durante a ditadura de Primo de Rivera foi membro do somatén. No 1930 foi nomeado rexedor do concello de Pontevedra. Nas eleccións municipais de abril de 1931, obtivo acta de concelleiro polo mesmo municipio, cargo do que foi suspendido en 1932 por implicación no intento de golpe de Estado do xeneral Sanjurjo[1]. Nas eleccións de 1933 foi elixido deputado das Cortes pola provincia de Pontevedra como candidato da Unión Regional de Derechas, que agrupaba dirixentes dos agrarios e da CEDA. Nese mesmo ano, porén, contacta con José Antonio Primo de Rivera, quen o encarga da organización da Falange Española en Pontevedra, mais Lis Quibén abandonou de seguido as súas fileiras, ingresando en 1934 en Renovación Española. Nas eleccións xerais de 1936 foi elixido novamente deputado das Cortes, nas listas de Renovación Española.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 pasou a colaborar inmediatamente cos sublevados, e ocupou a xefatura dunha autodenominada Guardia Cívica, que se dedicou a incautar locais dos sindicatos obreiros e organizacións agrarias de Pontevedra[2]. Participou tamén na detención do deputado Ignacio Seoane Fernández, nos sucesos de Salcedo (12 de decembro de 1936) e na operación na que resultou morto o "escapado" Manuel González Fresco, O Fresco (1937). Nese mesmo ano a Guardia Cívica foi disolta. En total, está considerado responsábel da morte de 20 persoas e da detención de 30 máis. Ascendido ao grao de capitán médico de complemento dentro do corpo de Sanidade Militar, Lis Quibén proseguiu o resto da guerra incorporado ao exército franquista. Terminada a contenda abandonou a política, dedicándose ao exercicio da profesión médica e á investigación etnográfica na que xa publicara algún traballo nos anos da Segunda República, paradoxalmente iniciada na Revista Nós.

Obra publicada editar

 
Víctor Lis Quibén, 1932.

Ademais de diversos artigos en revistas como Nós, Revista de Dialectología y Tradiciones Populares, Douro Litoral, Antropología Médica etc, publicou as seguintes obras:

  • Venticuatro horas en el convento de Poyo (1936)
  • Santuario de Nuestra Señora de La Peneda (1961)
  • El cancionero de Pontevedra (1963)
  • El abantuxo (1963)

A obra principal de Lis Quibén, que en parte recolle materiais anteriores, publicados en revistas foi:

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar