Utomlyonnye solntsem

filme de 1994 dirixido por Nikita Mikhalkov

Utomlyonnye solntsem (en ruso: Утомлённые солнцем) é un filme ruso de 1994 dirixido por Nikita Mikhalkov e escrito por Rustam Ibragimbekov. O filme describe a historia dun oficial do Exército Vermello, interpretado por Mikhalkov, e a súa familia durante a Gran Purga da Unión Soviética stalinista. Tamén está protagonizado por Oleg Menshikov, Ingeborga Dapkūnaitė e a filla de Mikhalkov, Nadezhda Mikhalkova.

Utomlyonnye solntsem
Ficha técnica
Título orixinalУтомлённые солнцем
DirectorNikita Mikhalkov
ProdutorNikita Mikhalkov
Michel Seydoux
GuiónRustam Ibragimbekov
Nikita Mikhalkov
Intérpretes
MúsicaEduard Artemyev
FotografíaVilen Kalyuta
MontaxeEnzo Meniconi
DistribuidoraSony Pictures Classics
EstreaFestival de Cannes: 21 de maio de 1994
Duración135 minutos
OrixeRusia Rusia
Francia
XéneroDrama
Orzamento3,6 millóns de dólares[1]
Recadación2,3 millóns de dólares (USA)[2]
Na rede
IMDB: tt0111579 Filmaffinity: 713881 Allocine: 10125 Rottentomatoes: m/burnt_by_the_sun Mojo: burntbythesun Allmovie: v134199 TCM: 69934 TV.com: movies/burnt-by-the-sun Netlix: 60010187Editar o valor em Wikidata

O filme acadou un alto grao de popularidade en Rusia e unha acollida positiva nos Estados Unidos. Conseguiu o Gran Premio no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 1994 e o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, entre outros galardóns.

Notas editar

  1. Beumers 2000, p. xii.
  2. Box Office Mojo (ed.). "Burnt by the Sun". Consultado o 9 de setembro de 2016. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar