Urna de San Cándido
A Urna de San Cándido (en catalán: Urna de Sant Càndid) é un relicario de madeira de autor anónimo, datada contra o ano 1292, que está recuberta por placas de relevos con escenas realizadas en estuco dourado. Tiña a función de gardar as reliquias de san Cándido. Procede do mosteiro de Sant Cugat e consérvase no Museo Nacional de Arte de Cataluña de Barcelona.
Urna de San Cándido | |
---|---|
Artista | Anónimo |
Data | circa 1292 |
Dimensións | 75 cm × 122 cm |
Localización | Museo Nacional de Arte de Cataluña (Barcelona) |
Na arqueta represéntase a escena do martirio a San Cándido baixo a goberno do emperador Maximiano no ano 300. A obra mantén a súa forma orixinal, aínda que lle faltan algúns anacos do estuco dourado e toda a ornamentación de pedras e cristais.
Historia editar
A realización da urna fíxose por mor da descuberta do sepulcro co corpo de Cándido de Tebas, o cal se atopaba na ábsida da cabeceira no lado da Epístola da igrexa do mosteiro de Sant Cugat del Vallès. A descuberta tivo lugar durante o mandato do abade Guerau de Clasquerí (1277-1294). A urna, de carácter relixioso, construíuse nun taller catalán de autor anónimo para honrar as reliquias do mártir Cándido.[1]
É probable que, dende a data da inscrición que se amorsa na urna (1292), o reliquario se mantivese no mosteiro de Sant Cugat até o 16 de abril de 1868, cando o bispo de Barcelona Pantaleó Montserrat i Navarro a cedeu ó museo que pertencía á Comisión Provincial de Monumentos Históricos e Artísticos. Finalmente, a urna ingresou en 1933 no Museo Nacional de Arte de Cataluña procedente do Museu Provincial de Antigüidades de Barcelona, onde estivera dende 1879.[2]
Descuberta do sepulcro editar
Co paso do tempo e as diversas construcións que padeceu o mosteiro de Sant Cugat perdéranse os datos da sepultura de dan Cándido. Segundo consta en documentos, a descuberta realizouse grazas a unha muller endemoñada que foi levada á igrexa do mosteiro para expulsar do seu corpo os espíritos malignos; durante este proceso, a muller sinalou o lugar onde se atopaba o corpo de san Cándido na capela de san Miguel. Diante da presenza do rei Xaime II de Aragón e dun gran número de acompañantes, abriuse o sepulcro e levaron os ósos para poñelos nun «lugar decente».[3]
Notas editar
- ↑ Dalmases 1992: p. 206
- ↑ Dalmases 1992: p. 205
- ↑ Domènech 1602 (digitalizat 2010): pp. 91-93
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Urna de San Cándido |
Outros artigos editar
Bibliografía editar
- de Dalmases, Núria; Barral i Altet, Xavier (1992). Prefiguración del Museu Nacional d'Art de Catalunya (en castelán). Barcelona: Museu Nacional d'Art de Catalunya/Lunwerg. ISBN 84-8043-004-4.
- Vicenç Domènec, Antoni (dixitalizado en 2010). Historia general de los santos y varones ilustres en santidad del Principado de Cataluña (en castelán). Emprenta de Gabriel Graells i Giraldo Dotil, 1602.
Este artigo sobre arte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |