Upper Atmosphere Research Satellite

Upper Atmosphere Research Satellite, máis coñecido polo seu acrónimo UARS, foi un satélite artificial da NASA lanzado no transbordador espacial Discovery na misión STS-48 desde o Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral o 12 de setembro de 1991.[2][3][5][6]

Upper Atmosphere Research Satellite / UARS
UARS
TipoObservación da atmosfera superior
FabricanteGE Astro Space, Fairchild
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento12 de setembro de 1991, 23:11 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial Discovery[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral[3][6]
Obxectivo da misiónObservación da atmosfera superior terrestre.[3][6]
Decaemento24 de setembro de 2011[1]
NSSDC ID1991-063B
Masa6540,0 kg[3]
Potencia1600,0 W[3]

Características editar

A misión de UARS foi estudar a parte superior da atmosfera terrestre, entre 15 e 100 km de altura, incluíndo os procesos químicos e físicos que ocorren nese intervalo. Os instrumentos medían a estrutura interna da atmosfera e os efectos das influencias externas sobre ela, como a radiación solar, as condicións da troposfera e os campos eléctricos. Entre os obxectivos concretos de UARS estaban medir o balance de enerxía da atmosfera superior, a súa fotoquímica e dinámica e o acoplamento entre os seus diversos procesos.[3][5][6]

O satélite estabilizábase nos tres eixos mediante volantes de inercia e a súa enerxía era proporcionada por un panel solar de 1,5 x 3,3 m que xeraba ata 1,6 kW de potencia que á súa vez alimentaba tres baterías de 50 Amperio-hora de capacidade cada unha. O sistema de propulsión funcionaba con hidracina e as comunicacións tiñan lugar en banda S mediante varias antenas de baixa ganancia e unha antena direccional de alta ganancia. UARS reentrou na atmosfera terrestre o 24 de setembro de 2011.[3][5][6]

Instrumentos editar

UARS levaba os seguintes instrumentos a bordo:[3][5][6]

  • Cryogenic Limb Array Etalon Spectrometer (CLAES)
  • Improved Stratospheric and Mesospheric Sounder (ISAMS)
  • Microwave Limb Sounder (MLS)
  • Halogen Occultation Experiment (HALOE)
  • High Resolution Doppler Imager (HRDI)
  • Wind Imaging Interferometer (WINDII)
  • Solar-Stellar Irradiance Comparison Experiment (SOLSTICE)
  • Solar Ultraviolet Spectral Irradiance Monitor (SUSIM)
  • Particle Environment Monitor (PEM)
  • Active Cavity Radiometer Irradiance Monitor (ACRIM II)

Notas editar

  1. 1,0 1,1 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "UARS" (en inglés). Consultado o 5 de marzo de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 16 December 1992 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (93-01075). 7 de xaneiro de 1993: 36. Consultado o 5 de marzo de 2018. 
  3. 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 NASA (21 de marzo de 2017). "UARS" (en inglés). Consultado o 5 de marzo de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "UARS" (en inglés). Consultado o 5 de marzo de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2018). Gunter's Space Page, ed. "UARS" (en inglés). Consultado o 5 de marzo de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 Mark Wade (2011). "UARS" (en inglés). Consultado o 5 de marzo de 2018. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar