Upolu é unha illa de Samoa, formada por un gran volcán que se levanta desde o fondo do mar no océano Pacífico occidental. A principos do s. XIX esta illa foi tamén coñecida como Ojalava. A illa ten 75 km. de longo, e 1.125 km² de superficie e é a segunda illa máis grande en área xeográfica así como a máis poboada das Illas Samoanas con 143.500 habitantes. Upolu sitúase ao sueste da "grande illa", Savai'i. A capital, Apia, está no centro da costa norte co aeroporto internacional de Faleolo no extremo occidental da illa. A illa non tivo ningunha erupción rexistrada historicamente, aínda que tres fluxos de lava remóntanse só duns poucos centos a algúns miles de anos.

Upolu
Localización da illa
Situación
PaísSamoa Samoa
MarOcéano Pacífico
Coordenadas13°55′S 171°45′O / -13.917, -171.750Coordenadas: 13°55′S 171°45′O / -13.917, -171.750
Xeografía
XeoloxíaIlla volcánica
Superficie1.125 km²
Longura máxima75 km.
Largura máxima24 km.
Punto máis alto1.113 m. Monte Fito
Demografía
CapitalApia (pob. 58.800)
Poboación143.418 (2011)
Densidade127 hab./km²

Upolu é un personaxe presente na mitoloxía polinésica especialmente na mitoloxía Samoana. Foi a primeira muller en pisar a illa do seu mesmo nome.

En 1841, a illa foi o sitio do Bombardeo de Upolu, un incidente durante a Expedición de Exploración dos Estados Unidos.

A finais do século XIX, o escritor escocés Robert Louis Stevenson posuía unha propiedade de 160 hectáreas na vila de Vailima, e morreu alí en 1894. Eestá enterrado na cima do Monte Vaea sobre a súa antiga casa. A herdade de Vailima foi comprada en 1900 como a residencia oficial para o gobernador de Alemaña e, despois da confiscación polo Reino Unido, serviu sucesivamente como residencia para o administrador de Nova Zelandia e para o xefe do Estado de Samoa logo da independencia.

Unha especie extremadamente pequena de araña vive en Upolu. De acordo co Libro Guinness dos Récords, a araña é do tamaño dun punt nunha páxina impresa.[1]

2009 tsunami de samoa editar

A illa de Upolu viuse afectada por un tsunami ás 6:48:11 hora local o 29 de setembro de 2009 (17:48:11 UTC).[2] Vinte aldeas no lado sur de Upolu foron destruídas, incluíndo Lepa, o fogar do primeiro ministro de Samoa.[3] Tuilaepa Lupesoliai Sailele Malielegaoi. En Lepa, só a igrexa e o sinal de benvida da aldea permaneceron de pé despois do desastre.[4][5]

Galería editar

Notas editar

  1. "Smallest spider". Guiness World Records. Consultado o 6 de xullo de 2017. 
  2. Magnitude 8.0 - SAMOA ISLANDS REGION Arquivado 02 de outubro de 2009 en Wayback Machine. Report on U.S. Geological Service's website. Retrieved online d.d. 29 de setembro de 2009.
  3. Baris Atayman (29 de setembro de 2009). "Tsunami smashes Pacific islands, over 100 feared dead". www.windsorstar.com. Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2009. Consultado o 30 de setembro de 2009. 
  4. McClean, Tamara (2 de outubro de 2009). "Searching ruins for reason to live after the tsunami". The Daily Telegraph (Australia). Consultado o 5 de outubro de 2009. 
  5. NZHERALD STAFF; NZPA, AP (30 de setembro de 2009). "At least seven dead after quake, tsunami hit Samoa". New Zealand Herald. Consultado o 19 de agosto de 2010. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar