Up the Bracket é o álbum de estrea da banda inglesa de indie rock The Libertines, editado o 14 de outubro do 2002 a través do selo Rough Trade Records. O disco chegou ao número 35 da lista británica de álbums.

Up the Bracket
Álbum de The Libertines
Gravaciónagosto do 2002
Estudio(s)RAK, Londres
Duración39:28
Xénero(s)Garage rock, post-punk revival, punk rock, indie rock
Selo(s)Rough Trade Records
Producido porMick Jones
Cronoloxía
- Up the Bracket he Libertines

O álbum foi re-editado o 8 de setembro do 2003 cun tema adicional, "What a Waster" e un DVD cos videoclips dos sinxelos "Up the Bracket", "Time for Heroes" e "I Get Along". O álbum marcou o inicio dun rexurdimento da escena rock británica. En abril do 2008 o DJ da BBC Radio 1 Zane Lowe elixiuno como unha das súas obras mestras, pinchando todo o álbum con entrevistas aos membros da banda, seareiros e músicos que foron influenciados polo disco. O álbum recibiu eloxios da crítica e rapidamente foi considerado un dos mellores traballos da década.

Listaxe de cancións editar

Todos os temas compostos por Pete Doherty e Carl Barât.

  1. "Vertigo" – 2:37
  2. "Death on the Stairs" – 3:24
  3. "Horrorshow" – 2:34
  4. "Time for Heroes" – 2:40
  5. "Boys in the Band" – 3:42
  6. "Radio America" – 3:44
  7. "Up the Bracket" – 2:40
  8. "Tell the King" – 3:22
  9. "The Boy Looked at Johnny" – 2:38
  10. "Begging" – 3:20
  11. "The Good Old Days" – 2:59
  12. "I Get Along" – 2:51
  • "What a Waster" e "Mockingbird" son temas extra das edicións estadounidense e xaponesa. "What a Waster" é un tema extra da re-edición británica. "Mayday" é un tema extra da edición australiana, xunto con "What a Waster".