Universidade de Strathclyde

A Universidade de Strathclyde é unha universidade situada na cidade de Glasgow (Escocia, Reino Unido). É a segunda universidade máis antiga da cidade, tras a Universidade de Glasgow. Foi fundada no ano 1796 polo profesor John Anderson, quen fora profesor na Universidade de Glasgow. O desexo do profesor era crear unha universidade especializada en materias prácticas para lograr unha “Aprendizaxe Útil”.

Universidade de Strathclyde
Parte do campus John Anderson
Datos xerais
LocalizaciónGlasgow, Scotland, Reino Unido Reino Unido
Datos actuais
ReitorLaurent V.E.
Alumnos19.755
Datos de contacto
Páxina webstrath.ac.uk
Facebook: universityofstrathclyde Twitter: UniStrathclyde Instagram: unistrathclyde LinkedIn: university-of-strathclyde Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Na actualidade, a universidade conta cun único campus, o Campus John Anderson (nomeado así na honra do fundador da institución), que se encontra situado no centro da cidade.

A Universidade de Strathclyde organízase en catro facultades:

  • Humanidades e Ciencias Sociais
  • Enxeñaría
  • Ciencias
  • Escola de Negocios de Strathclyde (Strathclyde Business School)