Universidade de Glasgow

A Universidade de Glasgow (en inglés: University of Glasgow, en gaélico escocés: Oilthigh Ghlaschu, en latín: Universitas Glasguensis) é a maior universidade das tres que teñen sede na cidade de Glasgow, en Escocia. É unha universidade de renome pola calidade dos seus estudos e pola investigación. É unha das universidades máis antigas de Escocia, fundada en 1451.

Universidade de Glasgow
Vista do Gilbert Scott Building, edificio principal da Universidade
Datos xerais
LocalizaciónGlasgow, Escocia Escocia,
Reino Unido Reino Unido
Datos actuais
ReitorEdward Snowden
Alumnos23.590
Datos de contacto
Páxina webhttp://www.gla.ac.uk
Facebook: UofGlasgow Twitter: UofGlasgow Instagram: uofglasgow Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

En 1451, o rei Xacobe II de Escocia persuadiu o Papa Nicolao V de que ditara unha bula para permitir ao bispo Turnbull de Glasgow establecer unha universidade. Seguindo o modelo da Universidade de Boloña, Glasgow foi e aínda é unha universidade de gran tradición europea.

A Universidade fomenta a investigación e esta foi o camiño de preparación da revolución industrial que desempeñou unha función tan importante no desenvolvemento de Glasgow.

Entre os seus ilustres antigos alumnos están William Thomson (Lord Kelvin), Adam Smith, e os premios Nobel, John Boyd Orr (Premio da Paz, 1949), Sir Alexander Robertus Todd (Química, 1957), Sir Derek Barton (Química, 1969) e Sir James Black (Química, 1988).

Hoxe en día a universidade é unha das principais universidades do Reino Unido cunha reputación internacional pola súa investigación e ensino. Conta cuns 16.000 estudantes de pregraduado e 4.000 de posgraduado. Hai dez facultades: Artes, Ciencias Biomédicas e da Vida, Matemáticas e Estatística, Ciencias Físicas, Medicina, Ciencias Sociais, Enxeñería, Dereito e Estudos Financeiros, Medicina Veterinaria e Educación.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar