Universidade das Palmas de Gran Canaria

Universidade pública

A Universidade das Palmas de Gran Canaria, tamén coñecida como ULPGC, é unha universidade pública situada na cidade das Palmas de Gran Canaria, nas Canarias (España). Foi creada o 26 de abril de 1989 a partir da Universidade Politécnica das Canarias e de varios centros ata ese momento adscritos á Universidade de La Laguna.

Universidade das Palmas de Gran Canaria
Datos xerais
LocalizaciónAs Palmas de Gran Canaria, Arucas, Lanzarote e Fuerteventura
Datos actuais
ReitorJosé Regidor García
Alumnos25.859
Datos de contacto
EnderezoC/ Juan de Quesada, 30
35001 - As Palmas de Gran Canaria, Canarias España
Páxina webwww.ulpgc.es
Twitter: ULPGC Dialnet: 5439547 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Trátase dunha universidade moderna, con estudos innovadores dentro do panorama educativo superior español como a Licenciatura en Ciencias do Mar e unha oferta crecente de titulacións en liña no seu campus virtual.

Campus editar

Para os seus ensinos dispón de catro campus na illa de Gran Canaria: tres nas Palmas (Campus de Tafira, San Cristóbal e Obelisco) e un en Arucas (Campus de Montaña Cardones). Ademais, existe unha extensión na illa de Lanzarote na que se imparten as diplomaturas e Grados en Turismo e Enfermería. Ademais, o Grado en Enfermería tamén se imparte na illa de Fuerteventura.

Centros docentes editar

 
Escola Técnica Superior de Arquitectura, no campus de Tafira.
  • Escola Técnica Superior de Arquitectura
  • Escola de Enxeñerías Industriais e Civís
  • Escola de Enxeñería de Telecomunicación e Electrónica
  • Escola de Enxeñería Informática
  • Facultade de Ciencias da Saúde
  • Facultade de Veterinaria
  • Escola Universitaria Adscrita de Turismo de Lanzarote
  • Facultade de Formación do Profesorado
  • Facultade de Tradución e Interpretación
  • Facultade de Economía, Empresa e Turismo
  • Facultade de Ciencias Xurídicas
  • Facultade de Xeografía e Historia
  • Facultade de Ciencias da Actividade Física e o Deporte
  • Facultade de Filoloxía
  • Facultade de Ciencias do Mar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar