Universidade Nacional Australiana

A Universidade Nacional Autraliana (en inglés Australian National University) é unha universidade pública radicada en Camberra, Territorio da Capital Australiana. Situada no suburbio de Acton, o campus principal abarca sete colexios de ensinanza e investigación, ademais de varios institutos nacionais.[1] Fundada en 1946, é a única universidade creada polo Parlamento de Australia. Orixinariamente era un centro de investigación de posgrao que comezou a educación de grao en 1960, cando se integrou na Univesidade de Camberra, que fora establecida en 1929 como un campus da Universidade de Melbourne.[2]

Universidade Nacional Autraliana
Australian National University
Datos xerais
LocalizaciónCamberra
Fundación1946
Datos actuais
Datos de contacto
IMDB: co0228519 Facebook: TheAustralianNationalUniversity Twitter: anumedia Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Universidade Nacional Australiana en 2013 contaba con 10 052 estudantes de grao, 10 840 de posgrao e 3 753 empregados de adminiatración e servizos.[3] O orzamento da universidade en 2012 era de 1,13 miles de millóns de dólares australianos.[4]

Notas editar

  1. "Academic Structure". Australian National University. Consultado o 20-02-2016. 
  2. "Timeline". Australian National University. Consultado o 21-02-2016. 
  3. "Quick Stats". Australian National University. Consultado o 21-02-2016. 
  4. "Investment Performance Summary for Year Ended 31 December 2012" (PDF). Australian National University. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de abril de 2015. Consultado o 21-02- 2016.