Universidade Johns Hopkins

universidade privada norteamericana

Coordenadas: 39°19′44″N 76°37′14″O / 39.328888888889, -76.620555555556

A Universidade Johns Hopkins, comunmente chamada Johns Hopkins, JHU ou, sinxelamente, Hopkins, é unha universidade privada situada en Baltimore, Maryland (Estados Unidos). Foi fundada o 22 de febreiro de 1876, sendo a primeira universidade dedicada á investigación nos Estados Unidos.

Universidade Johns Hopkins
The Johns Hopkins University
Escudo da Universidade Johns Hopkins
Lema: Veritas vos liberabit
(A verdade vos fará libres)
Datos xerais
LocalizaciónBaltimore, Maryland, USA
Datos actuais
ReitorWilliam R. Brody
Alumnos20.841
grao 6.023
posgrao 14.848 [1]
Datos de contacto
Páxina webWeb oficial
Facebook: johnshopkinsuniversity Twitter: JohnsHopkins Instagram: johnshopkinsu LinkedIn: johns-hopkins-university Youtube: UCeohrwR6-fO1EMk8FkJrlzw Discogs: 3981467 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Johns Hopkins ofrece programas de grao e posgrao no seu campus principal, o campus de Homewood, en Baltimore. Ademais, a universidade ten campus, entre outro lugares, en Rockville (capital do condado de Montgomery), Washington, D.C., Boloña (Italia) e Nanjing (China).

A Johns Hopkins está considerada como unha das institucións académicas e de investigación máis importantes do mundo e está entre as universidades máis prestixiosas dos Estados Unidos.

Orixe editar

Johns Hopkins, quen dá nome á universidade, foi un empresario, abolicionista e filántropo estadounidense que naceu en 1795.[2] Johns, o seu nome de pía, ten un "s" ao final porque se tratabase do apelido de solteira da súa nai. Foi un home de negocios, presidente de banco e magnate dos ferrocarrís, e está considerado como un dos máis grandes financeiros de Baltimore no século XIX. Ao morrer solteiro, en 1873, estableceu no seu testamento a creación dunha universidade dedicada ao estudo e á investigación científica, e tamén dun hospital que brindara a mellor atención médica. Creáronse así o Hospital Johns Hopkins e a primeira universidade dos Estados Unidos dedicada especificamente á investigación científica e aos estudos de posgrao. Grazas a esta doazón de 7 millóns de dólares da época, quedaban por primeira vez directamente vinculados un hospital e unha universidade nos Estados Unidos.[2] Posteriormente establecéronse na universidade tamén estudos de grao.

Campus e centros docentes editar

Campus de Homewood editar

 
Biblioteca Milton S. Eisenhower.
 
Gilman Hall.
  • Escola de Artes e Ciencias Zanvyl Krieger. É a escola central da universidade e oferta programas de grao e posgrao.[3] con máis de 40 especialidades de licenciatura e máis de 40 programas de posgrao.
  • Escola de Enxeñaría Whiting. Oferta programas de grao e posgrao.
  • Escola de Educación da Universidade Johns Hopkins. Chamada escola Carey, foi fundada en 1909 como Escola de Estudos Profesionais en Negocios e Educación. O 1 de xaneiro de 2007, separouse en dúas escolas, a Escola de Negocios Carey e a Escola de Educación da Universidade Johns Hopkins.[4]

Campus de Institucións Médicas do Leste de Baltimore editar

  • Escola de Medicina da Universidade Johns Hopkins. Esta esocola está situada canda o Hospital Johns Hopkins. A Escola de Medicina está amplamente recoñecida como unha das mellores facultades de medicina e centro de investigacións biomédicas do mundo.
  • Escola de Enfermaría da Universidade Johns Hopkins. A Escola de Enfermaría está ligada ao Hospital Johns Hopkins e á Escola de Medicina.
  • Escola Bloomberg de Saúde Pública. A Escola Bloomberg foi fundada en 1916 por William H. Welch e John D. Rockefeller e denominada Bloomberg debido ás xenerosas doazóns do político Michael Bloomberg, estimadas en 107 millóns de dólares.[5] É a primeira e máis grande escola de saúd pública do mundo, con 530 profesores a tempo completo, 620 a tempo parcial e 2.030 estudantes de 84 países.[6]

Campus de Harbor East editar

  • Escola de Negocios Carey.

Campus de Mount Vernon editar

  • Instituto Peabody. É a Escola de Música e Conservatorio da universidade.

Campus de Washington, D.C. editar

  • Escola de Estudos Internacionais Avanzados Paul H. Nitze. A Escola de Estudos Internacionais Avanzados Paul H. Nitze (SAIS) está localizada en Washington, D.C., cerca de Dupont Circle. A escola está dicada aos estudos internacionais, particularmente relacións internacionais, diplomacia e economía. A SAIS ten campus en Boloña (Italia) e Nanjing (China). Fundada en 1943, a Escola uniuse á universidade en 1950.

Gañadores do Premio Nobel relacionados coa Universidade editar

Notas editar

  1. Johns Hopkins University en College Navigator.
  2. 2,0 2,1 "There is only one Johns Hopkins"[Ligazón morta] (Só hai un Johns Hopkins), na web da Universidade.
  3. "Krieger School of Arts & Sciences". Johns Hopkins University. 2006. Arquivado dende o orixinal o 26 de novembro de 2006. Consultado o 21 de setembro de 2016. 
  4. "Johns Hopkins Launches New Schools of Business, Education". Johns Hopkins University Office of News and Information. 2006. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2012. Consultado o 21 de setembro de 2016. 
  5. "Hopkins Names Public Health School for Michael Bloomberg". 
  6. "Association of Schools of Public Health (ASPH) Profile" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2013. Consultado o 21 de setembro de 2016. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar