Universidade Internacional Menéndez Pelayo

Coordenadas: 43°28′22″N 3°47′43″O / 43.47277778, -3.79527778

A Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) é unha universidade pública española con domicilio social en Madrid e sedes en Santander, Valencia, Barcelona, Cuenca, A Coruña, Granada, Huesca, Sevilla, Tenerife e La Línea de la Concepción (Cádiz).

Universidade Internacional Menéndez Pelayo
Datos xerais
LocalizaciónMadrid, Santander, Valencia, Barcelona, Cuenca, A Coruña, Granada, Huesca, Sevilla, Tenerife, La Línea de la Concepción.
Datos actuais
ReitorCésar Nombela
Datos de contacto
Enderezoc/Isaac Peral, 23.
Madrid, España España
Páxina webhttp://www.uimp.es/
Facebook: UIMPSantander Twitter: uimp Dialnet: 1611863 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Trátase dun Organismo Autónomo do Ministerio de Educación e Ciencia que, segundo os seus estatutos, defínese como un «centro universitario de alta cultura». O seu nome rende homenaxe a Marcelino Menéndez Pelayo. É a institución pioneira e decana en España en cursos de verán e cursos de lingua e cultura española para estranxeiros.

Na actualidade, ás súas actividades académicas tradicionais que teñen lugar en Santander, a UIMP incorpora á súa oferta académica a organización e desenvolvemento de ensino oficial de posgraduado, homologada dentro do Espazo Europeo de Educación Superior. A UIMP imparte mestrados en diversas áreas de coñecemento, estando dirixidos a universitarios que xa están en posesión do título de grao ou outro declarado expresamente equivalente.

A súa actividade máis emblemática e tradicional é a que teñen lugar durante o verán no Palacio da Magdalena de Santander, ademais dos cursos de castelán para estranxeiros que se desenvolven durante todo o curso académico no Campus de Las Llamas, na mesma cidade.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar