Universidade Antonio de Nebrija

A Universidade Antonio de Nebrija é unha universidade privada española, con sede na cidade de Madrid. O seu nome rende homenaxe a Antonio de Nebrija.

Universidade Antonio de Nebrija
Datos xerais
Datos actuais
Datos de contacto
Facebook: nebrijauniversidad Twitter: NEBRIJA Instagram: universidad_nebrija Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

Obtivo o seu pleno recoñecemento oficial pola aprobación da Lei 23/95 de 17 de xullo (BOE de 18 de xullo de 1995).[1]

Escolas e facultades editar

  • Escola Politécnica Superior e Escola de Arquitectura
  • Facultade de Ciencias da Comunicación
  • Facultade de Ciencias Sociais
  • Facultade das Artes e as Letras
  • Ciencias da Saúde
  • Nebrija Business School

Campus editar

 
Campus da Berzosa, en Hoyo de Manzanares.

A Universidade Antonio de Nebrija conta con dous campus. O da Dehesa de la Villa alberga o Centro de Estudos Hispánicos, a Nebrija Business School, a Escola Politécnica Superior Arquitectura, e varios programas da Escola de Posgrao. Atópase na cidade de Madrid.

No campus da Berzosa están situadas as facultades de Ciencias Sociais, de Ciencias da Comunicación e das Artes e as Letras. Sitúase en Hoyo de Manzanares, xunto a Torrelodones, lindando coa vía de servizo da estrada da Coruña (A-6). Este campus conta coa súa recreación virtual en 3D dentro da plataforma Google Earth.

No Centro Universitario San Rafael-Nebrija, situado no centro de Madrid na rúa Serrano, impártense as titulacións de Ciencias da Saúde.

Programas de intercambio de estudantes editar

Conta con programas internacionais, uns con dobre titulación e outros que facilitan aos estudantes españois a posibilidade de realizar cursos en universidades de Europa, Estados Unidos ou Canadá, así como a asistencia de alumnos estranxeiros recibidos nos seus campus.

Fundación Antonio de Nebrija editar

A Fundación Antonio de Nebrija, unha fundación privada de carácter cultural e docente promove a concesión de bolsas e premios de investigación, a convocatoria de foros, actos académicos, conferencias e congresos, así como ao desenvolvemento de actividades universitarias, culturais e sociais. A súa sede atópase na rúa Cea Bermúdez nº 59 de Madrid.

Notas editar

  1. "Universidad Antonio de Nebrija". Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2015. Consultado o 15 de decembro de 2015. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar