Universidade Abat Oliba CEU

A Universidade Abat Oliba CEU (en catalán e oficialmente: Universitat Abat Oliba CEU) é unha universidade privada fundada no ano 2003 e situada en Barcelona, Cataluña (España). A súa denominación rende homenaxe á memoria do Abade Oliba.

Universitat Abat Oliba CEU
Datos xerais
LocalizaciónCataluña Barcelona
Datos actuais
ReitorCarlos Pérez del Valle
Datos de contacto
EnderezoC./ Bellesguard 30. 08022
Páxina webwww.uao.cat
Facebook: uaoceu Twitter: UAOCEU Instagram: uaoceu Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

É unha das 3 universidades españolas pertencentes á Fundación Universitaria San Pablo CEU, unha institución fundada en 1933 pola Asociación Católica de Propagandistas, organismo creado á súa vez en 1908 polo Pai xesuíta Ángel Ayala.

Historia editar

A Universitat Abat Oliba CEU ten a súa orixe no Centro Universitario Abat Oliba CEU, que creou a Fundación San Pablo-CEU no ano 1973 mediante un convenio de adscrición e colaboración coa Universidade de Barcelona. Iniciou as clases na súa primeira sede da Avenida Pearson de Barcelona o ano 1974 e, desde entón formou a máis de 8.500 licenciados universitarios.

En 1993 trasládase ao Campus de Bellesguard, e como Centro Docente de Ensino Superior Abat Oliba CEU, xa imparte a totalidade das licenciaturas en Dereito e Administración e Dirección de Empresas, así como o primeiro ciclo da licenciatura en Economía.

Dez anos despois, a nova Universitat Abat Oliba CEU é recoñecida pola Lei 20/2003, do 4 de xullo, do Parlamento de Cataluña, creando dous centros en Barcelona: a Facultade de Ciencias Sociais e a Escola Politécnica de Enxeñería.

Titulacións de Grao editar

Ciencias da Comunicación

  • Xornalismo (50% en inglés)
  • Xornalismo (50% en inglés) + Ciencias Políticas
  • Publicidade e Relacións Públicas
  • Xornalismo + Relacións Públicas

Ciencias Económicas e Empresariais

  • Mercadotecnia e Dirección Comercial
  • Dirección de empresas
  • Dirección de empresas + Dereito
  • Economía e Xestión

Dereito e Ciencias Políticas

  • Dereito
  • Dereito + Dirección de empresas
  • Dereito + Ciencias Políticas
  • Dereito + Criminoloxía e Seguridade
  • Ciencias Políticas
  • Criminoloxía e Seguridade

Humanidades e Ciencias da Educación

  • Educación Primaria
  • Educación Infantil
  • Educación Infantil + Educación Primaria

Psicoloxía

  • Psicoloxía

Titulacións de Posgrao editar

  • Masters Universitarios
  • Títulos propios
  • Doutoramentos
  • Cursos de Especialización

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar