Unión Soviética nos Xogos Olímpicos

A Unión Soviética participou por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1952, e competiu posteriormente nos Xogos en 18 ocasións. En seis das súas nove aparicións nos Xogos de Verán, o equipo soviético clasificouse no primeiro posto no número total de medallas de ouro, quedando segundo no número total de medallas. De xeito semellante, o equipo clasificouse no primeiro posto en sete ocasións nos Xogos Olímpicos de Inverno. O éxito da Unión Soviética nos Xogos atribúese ao investimento do estado nos deportes como parte dunha axenda política no escenario internacional.[1]

Unión Soviética nos Xogos Olímpicos

Código COI URS
Comité nacional Comité Olímpico Soviético
Medalleiro
Ouro
473
Prata
376
Bronce
355
Total
1204

Despois da Revolución Rusa de novembro de 1917 e a guerra civil rusa (1917–1922), a Unión Soviética non participou en eventos deportivos internacionais por motivos ideolóxicos;[2] porén, despois da segunda guerra mundial (1939–1945), dominar os Xogos Olímpicos foi considerado polo oficiais e líderes soviéticos como un método útil para promocionar o comunismo.[3] O Comité Olímpico da Unión Soviética foi creado o 21 de abril de 1951, e o Comité Olímpico Internacional recoñeceuno na 45ª sesión do COI (7 de maio de 1951). Ese mesmo ano, o representante soviético Konstantin Andrianov converteuse en membro do COI e a Unión Soviética uniuse oficialmente ao Movemento Olímpico.

O equipo da Unión Soviética na cerimonia de inauguración dos Xogos de 1964, liderado por Yury Vlasov.

Táboas coas medallas editar

Medallas nos Xogos de Verán editar

Xogos Deportistas Ouro Prata Bronce Total Posto
  Helsinqui 1952 295 22 30 19 71 2
  Melbourne 1956 283 37 29 32 98 1
  Roma 1960 284 43 29 31 103 1
  Toquio 1964 319 30 31 35 96 2
  Cidade de México 1968 313 29 32 30 91 2
  Múnic 1972 373 50 27 22 99 1
  Montreal 1976 410 49 41 35 125 1
  Moscova 1980 489 80 69 46 195 1
  Os Ánxeles 1984 non participou
  Seúl 1988 481 55 31 46 132 1
Total 395 319 296 1010 2

Medallas nos Xogos de Inverno editar

Xogos Deportistas Ouro Prata Bronce Total Posto
  Cortina d'Ampezzo 1956 55 7 3 6 16 1
  Squaw Valley 1960 62 7 5 9 21 1
  Innsbruck 1964 69 11 8 6 25 1
  Grenoble 1968 74 5 5 3 13 2
  Sapporo 1972 78 8 5 3 16 1
  Innsbruck 1976 79 13 6 8 27 1
  Lake Placid 1980 86 10 6 6 22 1
  Saraxevo 1984 99 6 10 9 25 2
  Calgary 1988 101 11 9 9 29 1
Total 78 57 59 194 4

Medallas por deporte editar

Xogos de Verán
Deporte Ouro Prata Bronce Total
  Ximnasia 73 67 44 184
  Atletismo 64 55 74 193
  Loita 62 31 23 116
  Halterofilia 39 21 2 62
  Piragüismo 29 13 9 51
  Esgrima 18 15 16 49
  Tiro 17 15 17 49
  Boxeo 14 19 18 51
  Natación 12 21 26 59
  Remo 12 20 10 42
  Ciclismo 11 4 9 24
  Voleibol 7 4 1 12
  Hípica 6 5 4 15
  Judo 5 5 13 23
  Péntatlon moderno 5 5 5 15
  Vela 4 5 3 12
  Saltos 4 4 6 14
  Balonmán 4 1 1 6
  Baloncesto 2 4 2 8
  Wáter-polo 2 2 3 7
  Fútbol 2 0 3 5
  Tiro con arco 1 3 3 7
  Hóckey sobre herba 0 0 2 2
Total 393 319 294 1006
Xogos de Inverno
Deporte Ouro Prata Bronce Total
  Esquí de fondo 25 22 21 68
  Patinaxe de velocidade 24 17 19 60
  Patinaxe artística 10 9 5 24
  Bíatlon 9 5 5 19
  Hóckey sobre xeo 7 1 1 9
  Luge 1 2 3 6
  Bobsleigh 1 0 2 3
  Salto de esquí 1 0 0 1
  Combinada nórdica 0 1 2 3
  Esquí alpino 0 0 1 1
Total 78 57 59 194

Notas editar

  1. Tyler Benson (ed.). "The Role of Sports in The Soviet Union". Consultado o 20 de outubro de 2020. 
  2. Keys, Barbara J. (2006), Globalizing Sport: National Rivalry and International Community in the 1930s, Harvard University Press, Cambridge, Massachusetts, ISBN 0-674-02326-9 (p. 159)
  3. O'Mahony, Mike (2006), Sport in the USSR: Physical Culture—Visual Culture, Reaktion Books Ltd, Londres, ISBN 1-86189-267-5 (p. 19)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar