Unión Republicana (España 1903)

A Unión Republicana foi un partido político español fundado en 1903 por Nicolás Salmerón e Alejandro Lerroux baixo a dirección do primeiro, co propósito de unificar as esparexidas forzas republicanas españolas durante a Restauración borbónica.

Unión Republicana
Dirixentes e organización
LíderNicolás Salmerón
Alejandro Lerroux
Historia
Fundación25 de marzo de 1903
DisoluciónAbril de 1910
Posicións políticas
IdeoloxíaRepublicanismo
Progresismo
Catalanismo (nos seus derradeiros anos)

Historia e características editar

Nas eleccións xerais de 1905, a Unión Republicana obtivo 30 escanos. Tres anos máis tarde, en 1908, a UR achegouse aos rexionalistas cataláns e integrouse na coalición Solidaritat Catalana. Pero diante do desexo de autonomía dos cataláns, a Unión escindiuse entre os partidarios de colaborar cos rexionalistas (liderados por Salmerón) e os que se opuñan ao catalanismo, encabezados por Lerroux e apoiados, tras un intento de conciliación, por Julián Besteiro. Cando a posición favorable ao catalanismo se impuxo no seo do partido, o sector de Lerroux abandonou a Unión e fundou o Partido Republicano Radical.