Unión Regional de Derechas

partido político galego

A Unión Regional de Derechas (URD) foi un partido político galego integrado na CEDA.

Unión Regional de Derechas
Tipopartido político
Ideoloxíaconservadorismo
Data de fundación1932
Data de disolución1933
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]
José Portal Fradejas nun mitin da URD en 1932.

Historia e características editar

Ao longo do ano 1931 e 1932 constituíronse nas cidades galegas agrupacións ligadas ao conservadorismo católico de Ángel Herrera Oria e José María Gil Robles que en 1932 se uniron para formar a URD, e en marzo de 1933 participou na constitución da CEDA agrupando a maioría das forzas da dereita posibilista en Galicia. O seu líder era Gil Casares. Os deputados da URD mostráronse moi activos na defensa dos intereses agropecuarios galegos xa que contaba cunha sólida infraestrutura no agrarismo grazas á formación de sociedades agrarias católicas durante a ditadura e en xeral aparecía máis moderado ca a CEDA estatal, chegando mesmo algún dos seus dirixentes a declararse autonomista.[1]

As súas mocidades, Juventudes de la Unión Regional de Derechas formáronse en 1934, aínda xa antes había algunhas agrupacións locais e sobre todo a partir de 1935 experimentaron un proceso de fascistización semellante á das mocidades de Acción Popular.

Tralo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, unha parte dos seus cadros e militantes integráronse na Falange Española de las JONS ou nas institucións do novo réxime franquista.

Eleccións editar

Nas eleccións de 1933 a URD obtivo 9 escanos, deles 4 na provincia da Coruña, e nas eleccións de 1936 conseguiu 8 escanos.

Notas editar

  1. Bernardo Máiz, Galicia na II República e baixo o franquismo, Vigo, 1988, páx. 27-28