Unión Monetaria Latina

A Unión Monetaria Latina (UML) foi un intento do século XIX por unificar varias moedas europeas nunha común que podería ser empregada en todos os estados membros. Estableceuse en 1865 e disolveuse en 1927.

Unión Monetaria Latina
AcrónimoLMU, UML, ΛΝΕ, UML, UML, UML e LMU
TipoUnión monetaria e división administrativa
IdeoloxíaPan-Latinism
Data de fundación23 de decembro de 1865
Data de disolución1 de xaneiro de 1927 e 5 de agosto de 1914
Fundador(es)Segundo Imperio Francés e Napoleón III
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

O día 23 de decembro de 1865 o Segundo Imperio Francés, Bélxica, o Reino de Italia e Suíza formaron a Unión Monetaria Latina e acordaron establecer o cambio das súas moedas a un estándar de 4,5 g de prata ou 0,290322 g de ouro (unha proporción de 15,1 a 1) e facelas intercambiables gratuitamente. O acordo tomou forza a partir do 1 de agosto de 1866 cando o Reino de España e o Reino de Grecia en 1868 e o Reino de Romanía, o Imperio Austro-Húngaro, o Principado de Bulgaria, Venezuela, o Reino de Serbia, o Principado de Montenegro, San Marino e os Estados Pontificios en 1889 se uniron. En 1904, as Antillas Neerlandesas tamén estableceron este estándar aínda que non se integrou na Unión.

Non membros editar

Reino Unido editar

Un paralelismo pode ser visto entre as discusións que houbo no Reino Unido ante a posibilidade de que este se integrase na unión monetaria, e as actuais discusións sobre se debe entrar ou non na zona euro.

A proposta incluía reducir a cantidade de ouro que contiña unha libra esterlina en menos dun 1% para así facer 1 libra equivalente a 25 francos.

Estados Unidos editar

Os Estados Unidos deron varios pasos que poderían preparar o país para unirse a Unión Monetaria Latina, pero nunca o fixeron. A súa moeda era xa un 4 % do estándar da UML no entanto que 5 francos da UML eran iguais a 1 $.

Moedas editar

Exemplos de unidades monetarias.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar