Unión Deportiva Ibiza-Eivissa

A Unión Deportiva Ibiza-Eivissa é un club de fútbol español da cidade de Eivissa, nas Illas Baleares. Fundouse en 2015 e compite na Segunda División B de España.

UD Ibiza-Eivissa
NomeUnión Deportiva Ibiza-Eivissa
Alcume(s)L'Eivissa, Sa Deportiva
Fundación2015
EstadioCan Misses,
Eivissa, España
Inauguración1991
Capacidade4.500
PresidenteEspaña Amadeo Salvo
AdestradorEspaña Andrés Palop
Liga2ª División B – Grupo 4
2017–18 (3ª División)
Na rede
http://www.ibizaud.com/
Titular
Alternativo

Historia editar

O equipo foi fundado no verán de 2015 por un grupo de empresarios encabezado por Amadeo Salvo,[1] que depositaron 60.000 euros na Federación Balear de Fútbol para saldar a débeda que deixara a extinta Unión Deportiva Ibiza e así poder usar o seu nome.[2]

Na súa segunda tempada na Rexional Preferente consegue o ascenso a Terceira División,[3] categoría na que só milita un ano xa que, tras quedar terceira no grupo balear, cae derrotada na última eliminatoria de ascenso contra o Atlético Levante. Con todo, a inhabilitación do Lorca FC por parte da RFEF, permite ao equipo adquirir unha praza para xogar por primeira vez en Segunda División B.[4]

Datos do club editar

  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en 2ªB: 2 (Incluída a 2019/20)
  • Tempadas en : 1

Palmarés editar

  • Rexional Preferente (1): 2016-17

Xogadores editar

Actualizado a 2 de febreiro de 2020

Posto País Xogador
1 POR   Lucas Anacker
2 DEF   Fran Grima
3 DEF   Rubén González
4 DEF   Gonzalo de la Fuente
5 DEF   Mariano Gómez
6 MED   Toni Arranz
7 DEF   Pierre Cornud (cedido do Mallorca B)
8 MED   Pep Caballé
9 DIA   Ángel Rodado
10 DIA   Sergio Cirio
11 DIA   Raí (cedido do Zaragoza)
12 MED   Borja Martínez
13 POR   Germán Parreño
Posto País Xogador
14 MED   Miguel Núñez (2º capitán)
15 MED   Javi Lara
16 DEF   Álex Quintanilla
17 MED   Javi Pérez
18 DIA   Diego Mendoza (cedido do Club Atlético Huracán)
19 MED   Alejandro Machuca
20 MED   Kwasi Sibo (cedido do Watford)
21 DIA   David Morillas
22 DEF   Kike López
26 POR   Jorge Chanza
- DEF   Luís Verdú (capitán)
- DIA   Gianluca Simeone (cedido do Gimnasia y Esgrima)

Notas editar


  1. futbolpitiuso, ed. (3 de agosto de 2015). "Amadeo Salvo lidera el proyecto de la Unión Deportiva Ibiza". Consultado o 8 de agosto de 2018. 
  2. futbolpitiuso, ed. (31 de xullo de 2015). "¡Bombazo! Inscriben al UD Ibiza-Eivissa en la Liga Interpueblos". Consultado o 8 de agosto de 2018. 
  3. Nou Diari, ed. (10 de xuño de 2017). "1-0. La UD Ibiza sube a Tercera Division". Consultado o 8 de agosto de 2018. 
  4. Marca, ed. (7 de agosto de 2015). "La RFEF impide al Lorca FC competir en Segunda B y su plaza es para la UD Ibiza". Consultado o 8 de agosto de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar