Unión Deportiva Almería B

A Unión Deportiva Almería B é un club de fútbol español da cidade de Almería. É o primeiro equipo filial da Unión Deportiva Almería. Foi fundado en 2001 e xoga na Segunda División B de España.

Almería B
NomeUnión Deportiva Almería B
Fundación2001
EstadioEstadio Municipal Juan Rojas,
Almería, España España
Inauguración1976
Capacidade13.648
Presidente Alfonso García Gabarrón
Adestrador Alfonsín
Liga2ªB - Grupo 4
2011-1213º
Na rede
http://www.udalmeriasad.com
Titular
Alternativo

Historia editar

A tempada 2007-2008 comeza, da man de Rafa Berges, en postos de descenso, nos que se mantén durante toda a primeira volta. A destitución do adestrador e a chegada de Alfonsín fan que o equipo realice un magnífica segunda volta, saíndo do descenso e, finalmente, acabando a tempada en oitava posición.

Para a seguinte tempada (2008-2009), o club ponse como obxectivo o ascenso á Segunda División B. Para iso, renovan case por completo o persoal e contratan como adestrador a Carlos Ríos, que asina por dous anos. Durante toda a tempada mantéñense entre os catro primeiros na táboa de clasificación, terminando en segunda posición con 68 puntos a tan só 3 puntos do primeiro clasificado.

Xogan a primeira fase da liguiña de ascenso co Real Ávila. En Ávila, o resultado do partido é un empate a cero e, en Almería, un empate a un que fai pasar de rolda ao equipo avulense e, polo tanto, deixa ao Almería B sen o soño de alcanzar a Segunda B.

Tras a decepción, o equipo técnico decide destituír a Carlos Ríos do seu cargo de adestrador e volver renovar o persoal. Para o posto de adestrador elixen a Constantin Galca.

Tras non poder ascender na promoción, eliminado polo CE L'Hospitalet, ascende grazas ao descenso administrativo do CF Atlético Ciudad.

Uniforme editar

  • Uniforme titular: Camiseta branquivermella, pantalón vermello e medias branquivermellas.
  • Uniforme alternativo: Camiseta negra con indalo vermello, pantalón negro e medias roxinegras.
  • Terceiro uniforme: Camiseta laranxa con detalles azuis, pantalón azul e medias de cor azul e laranxa.

Estadio editar

O Estadio Municipal Juan Rojas foi inaugurado en 1976 co nome de estadio Franco Navarro. O seu aforamento é de 13.648 espectadores (5.468 sentados e 8.000 de pé). Está situado no barrio almeriense de Torrecárdenas.

Datos do club editar

Historial na liga editar

Tempada Categoría Posto
2001/02 Rexional
2002/03
2003/04
2004/05 15º
2005/06
2006/07 11º
Tempada Categoría Posto
2007/08
2008/09
2009/10
2010/11 2ªB 13º
2011/12 2ªB 13º
2012/13 2ªB

Xogadores editar

Cadro 2010/11 editar

Posto País Xogador
POR   Álvaro
POR   Alberto
POR   Daniel
POR   Diego
DEF   Cobos
DEF   Richi
DEF   Alberto
DEF   Trujillo
DEF   Álvaro Vizcaíno
DEF   Lillo
MED   Antoñito
MED   Galán
MED   Hugo
MED   Barri
Posto País Xogador
MED   Carralero
MED   Chico
MED   Gomis
MED   David Moreno
MED   Javi Moyano
MED   Aarón Fernández
MED   Casabella
MED   Stanley Okoro
DIA   Babi
DIA   Jesús Rubio
DIA   Quini
DIA   Nikita Andreev
DIA   Cristian
DIA   Cristóbal
DIA   Jonathan

Palmarés editar

Torneos nacionais editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar