Una mujer fantástica

filme de 2017 dirixido por Sebastián Lelio

Una mujer fantástica é un filme chileno de 2017 dirixido por Sebastián Lelio, escrito por Lelio e Gonzalo Maza,[5] e producido por Juan de Dios e Pablo Larraín. Está protagonizado por Daniela Vega e Francisco Reyes. Foi escollido para competir polo Oso de Ouro na sección principal do Festival Internacional de Cinema de Berlín de 2017.[6] Foi escollido como candidato chileno para os Premios Oscar[7] onde gañou o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 90ª edición dos premios.[8]

Una mujer fantástica
Ficha técnica
Título orixinalUna mujer fantástica
DirectorSebastián Lelio
Produtor
GuiónSebastián Lelio
Gonzalo Maza
IntérpretesDaniela Vega
Francisco Reyes
MúsicaMatthew Herbert
FotografíaBenjamín Echazarreta
MontaxeSoledad Salfate
Estudio
  • Fabula
  • Komplizen Film
DistribuidoraSony Pictures Classics[1]
EstreaFestival de Berlín: 12 de febreiro de 2017
Duración104 minutos
Orixe Chile
Alemaña Alemaña
España España
Estados Unidos de América Estados Unidos[2]
XéneroDrama
Recadación$3 000 000[3][4]
Na rede
http://sonyclassics.com/afantasticwoman/
IMDB: tt5639354 Filmaffinity: 750940 Allocine: 245149 Rottentomatoes: m/a_fantastic_woman Mojo: afantasticwoman Allmovie: v681518 Metacritic: movie/a-fantastic-woman Editar o valor em Wikidata
Juan de Dios Larraín, Daniela Vega, Sebastián Lelio e Francisco Reyes no Festival Internacional de Cinema de Berlín en febreiro de 2017

Sinopse editar

Marina é unha muller transxénero que vive en Santiago, Chile e traballa como cantante e camareira. O seu mozo Orlando, un home vinte anos máis vello ca ela e co que se mudou recentemente lévaa a cear para celebrar o aniversario dela. Ambos teñen plans de futuro conxuntos, mais esa noite, Orlando esperta atordado e queixándose por non sentirse ben. Marina prepárase para levalo ao hospital, mais el trapeza nas escaleiras. Despois de levalo ao hospital, un médico infórmaa de que Orlando morreu dun aneurisma cerebral.

Personaxes editar

Notas editar

  1. Hipes, Patrick (9 de febreiro de 2017). "Sony Classics Picks Up Berlin Competition Pic ‘A Fantastic Woman’". Deadline Hollywood. Penske Business Media. Consultado o 10 de febreiro de 2017. 
  2. LUMIERE (ed.). "Una mujer fantástica". European Audiovisual Observatory. Consultado o 8 de marzo de 2018. 
  3. "Una Mujer Fantástica (A Fantastic Woman)". Box Office Mojo. IMDb. Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2017. Consultado o 24 de marzo de 2018. 
  4. "Una Mujer Fantástica". The Numbers. Nash Information Services. Consultado o 10 de novembro de 2017. 
  5. Kay, Jeremy (8 de marzo de 2016). Screen Daily, ed. "'A Fantastic Woman' wraps shoot". Screen International. Consultado o 15 de decembro de 2016. 
  6. Press Office (15 de decembro de 2016). Annual Archives: 2017, ed. "Aki Kaurismäki, Oren Moverman, Agnieszka Holland, Andres Veiel, and Sally Potter – First Films for the Competition of the Berlinale 2017". Festival Internacional de Cinema de Berlín. Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2018. Consultado o 15 de decembro de 2016. 
  7. Bacherbas (11 de setembro de 2017). Premios Óscar Latinos, ed. "Los latinos al Óscar 2018: Chile". Consultado o 11 de setembro de 2017. 
  8. BBC News, ed. (23 de xaneiro de 2018). "Oscars 2018: The list of nominees in full". BBC. Consultado o 23 de xaneiro de 2018. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar