Un tranvía cara a SP

novela de Unai Elorriaga

Un tranvía cara a SP é unha novela do escritor biscaíño Unai Elorriaga, publicada no ano 2002 en lingua éuscara co título orixinal de SPrako tranbia. Recibiu o Premio Nacional de Narrativa.

Un tranvía cara a SP
Título orixinalSPrako tranbia
Autor/aUnai Elorriaga
CubertaPierre-Auguste Renoir (edición galega)
OrixePaís Vasco
Linguaéuscaro
ColecciónLiteraria
Xénero(s)Novela
Editorial Elkar
Galicia Editorial Galaxia
Data de pub.2001
ISBNGalicia 978-84-8288-590-1
TraduciónRamón Loureiro
editar datos en Wikidata ]

Trama editar

Lucas é un home maior e enfermo, ingresado nun hospital. A súa irmá María coida del. Ao regresaren ao seu piso, atopan que nel se instalou Marcos, un rapaz que toca a guitarra, mais non lles importa e deixan que siga a vivir alí. Despois Marcos comeza a saír con Roma, unha rapaza que tamén acaba coidando de Lucas.

A Lucas gústalle recordar os tempos en que había tranvía, cando traballaba de carpinteiro e cando vivía a súa muller Rosa e os seus amigos. Gústalle ver deporte por televisión, e adora saber do alpinismo, especialmente o cumio do Shisha Pangma.

Traducións e adaptacións editar

Foi traducido ao castelán polo propio autor, e ao galego por Ramón Loureiro, e publicada por Editorial Galaxia en decembro de 2002[1]. Tamén foi traducida ao italiano (Un tram a SP), alemán (Lucas oder Der Himmel über Nepal), serbio (Tramvaj za S.P.) e estoniano (Tramm Šiša Pangmale).

Foi adaptada ao cinema en 2008 polo director Aitzol Aramaio co título de Un poco de chocolate.[2]

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar